Tratado de París (1763)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A guerra dos Sete Anos terminou en 1763. O 10 de febreiro, o Tratado de París foi asinado polo duque Choiseul, o marqués de Grimaldi e o duque de Bedford. William Pitt teimaba en manter vivo o conflito ata lograr o aniquilamento das forzas de Francia.
Os tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Sete Anos, representaron unha vitoria para Gran Bretaña e Prusia. Para Francia supuxeron a perda da maior parte das súas posesións en América e Asia. A firma da paz tivo as seguintes implicacións:
- Francia concede a Inglaterra o Senegal, así como as súas posesións na India fóra de cinco prazas. En América cédelle Canadá, os territorios ao leste do río Mississippi (excepto Nova Orleáns), Illa de Cabo Bretón, Dominica, Granada, San Vicente e Tobago.
- España obtén de Francia a Luisiana e de Inglaterra a devolución da illa de Cuba e Filipinas, ocupadas durante a guerra.
- Francia conserva a Illa de Gorée, os dereitos de pesca nas costas de Terra Nova e as illas de San Pedro e Miquelón. Inglaterra devólvelle Guadalupe e Martinica.
- Portugal obtén de España a devolución da Colonia do Sacramento.
A Paz de Hubertusburgo foi asinada entre Austria, Prusia e Saxonia o 15 de febreiro 1763. Xunto ao Tratado de París asinado no 10 de febreiro, marca o final da Guerra dos Sete Anos.
O Tratado de Hubertusburgo confirmou a Silesia como posesión prusiana e convertendo a esta última en potencia europea, baixo o reinado de Federico II o Grande.

