Tratado de Lisboa (2007)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

O Tratado de Lisboa de 2007, tamén coñecido como tratado da Reforma, é o acordo da Unión Europea que regula o seu comportamento interno. Substituirá os tratados de Maastricht e de Roma, vixentes ata daquela, e recolle boa parte das propostas que presentaba a Constitución europea, que non fora aprobada polos cidadáns dalgúns países formantes. O Tratado foi asinado o 13 de decembro de 2007 en Lisboa.

Historia[editar | editar a fonte]

Proceso de ratificación      referendo obrigatorio      referendo posible      ratificación parlamentaria

Logo da derrota da Constitución Europea nos referendos francés e neerlandés, así como o posible rexeitamento noutros estados membros, obrigou os países europeos a aparcar o texto. Dous anos despois, a presidencia alemá do Consello da Unión promoveu a redacción dun novo documento, que viñese substituír parcialmente o texto constitucional, que acadase un maior consenso entre os gobernos e que completase o proceso de reforma institucional iniciado tras a ampliación a 25 membros. Este texto presentouse o 19 de maio de 2007.

Portugal, que asumiu a presidencia na segunda metade de 2007, propuxo unha conferencia intergobernamental os días 23 e 24 de xullo, para acabar a redacción do texto, coincidindo coa xuntanza dos ministros de exteriores. O novo tratado presentouse publicamente no cumio do 18 de outubro no mosteiro dos Xeromes de Lisboa e foi asinado por todos os presidentes de goberno dos 27 países o 13 de decembro, agás polo británico Gordon Brown, que foi substituído polo seu ministro de Exteriores David Miliband. O tratado deberá ser ratificado polos estados membros ao longo do ano 2008, e se fose así, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2009. Esa ratificación será unicamente parlamentaria en 25 estados, mentres que necesitará dun referendo en Irlanda e talvez en Portugal.

Características[editar | editar a fonte]

Cerimonia de firma do Tratado de Lisboa.

Con respecto ao tratado constitucional, o tratado de Lisboa ten unha diferenza fundamental: non é unha proposta orixinal, senón unha emenda dos dous tratados vixentes ata o 2007, o de Maastricht e o de Roma.

A este respecto, as principais diverxencias con estes tratados anteriores son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]