Tratado de Brest-Litovsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tratado de Brest-Litovski")
Fronteiras impostas por Alemaña a Rusia en Brest-Litovsk.

O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade bielorrusa de Brest-Litovsk (daquela baixo soberanía rusa, actual Brest) entre o Imperio alemán, Bulgaria, o Imperio austrohúngaro, o Imperio otomán e a Rusia soviética.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Tras a revolución bolxevique Lenin decidiu retirar a Rusia da guerra a calquera prezo. Asinouse o tratado de paz de Brest-Litovsk o 3 de marzo de 1918, en virtude do cal Rusia cedía extensos territorios:

No tratado, Rusia

Con este tratado, Alemaña reforzou a fronte occidental con efectivos orientais.

Porén, o tratado non foi recoñecido polos aliados que, tras a derrota alemá na Primeira Guerra Mundial, anulárono no armisticio de Mudros, asinado o 11 de novembro de 1918.

Case todas as perdas rusas xa foran recuperadas en 1940. Soamente Finlandia e Turquía, sucesora do Imperio otomán, conservaron os territorios recibidos en Brest-Litovsk.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brest-Litovsk and its consequences" en War and Revolution in Russia 1914 - 1921. BBC. Consultada o 19/03/2014.