Tratado de Batman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo de Wurundjeri asinando o Tratado de Batman, 1835.

Tratado de Batman foi un documento firmado o 6 de xuño de 1835 por John Batman, un gandeiro, empresario e explorador de Australia, e un grupo de anciáns Wurundjeri para a compra de terras nos arredores de Port Phillip, preto da actual cidade de Melbourne.

O documento deuse a coñecer co nome de Tratado de Batman e consíderase significativo xa que representa o primeiro e único acto de negociación das terras entre os colonos europeos e os aborixes australianos, que eran os propietarios orixinais das mesmas.[1] O tratado foi declarado nulo o 26 de agosto de 1835 polo gobernador de Nova Gales do Sur, Richard Bourke, sobre a base de que o pobo Wurundjeri non ten dereito a comerciar coa terra, que foi reclamada como pertencente á Coroa británica.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richard Broome, pp10-14, Aboriginal Victorians: A History Since 1800, Allen & Unwin, 2005, ISBN 1741145694, ISBN 9781741145694
  2. National Archives of Australia, Governor Bourke's Proclamation 1835 (UK) Arquivado 25 de xullo de 2008 en Wayback Machine. Consultado o 3 de novembro de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]