Clorazepate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tranxene")
Clorazepate.

O clorazepate (tamén coñecido polas marcas comerciais Tranxene® e Tranxilium® entre outras) é unha droga derivada da benzodiazepina. Posúe propiedades ansiolíticas, anticonvulsionantes, sedativas e tamén é un relaxante muscular do esqueleto.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

As benzodiazepinas actúan como depresores do SNC, producindo todos os seus niveis de depresión, dende unha leve sedación ata hipnosis, dependendo da dosis. Estimulan os receptores de GABA (ácido gammaaminobutírico) no sistema reticular activador ascendente. Dado que o GABA é inhibidor, a estimulación dos receptores aumenta a inhibición e bloquea a excitación cortical e límbica, despois de estimular a formación reticular do talo cerebral.

Farmacocinética[editar | editar a fonte]

Absorbese no tracto gastrointestinal. A eliminación do fármaco é lenta xa que os metabolitos activos poden permanecer no sangue varios días e incluso semanas, con efectos persistentes. O clonazepam é de vida media intermedia, fluctuando entre as 30 e as 40 hs. A súa unión as proteínas é alta; metabolizase no fígado e excretase por vía renal.

Indicacións[editar | editar a fonte]

O clonazepam indicase para o tratamento de: crisis mioclónicas; ausencias de tipo epiléptico (refractarias a succinimidas o ácido valproico); crisis convulsivas tonicoclónicas (xeralmente asociado con outro anticonvulsivo); trastornos de pánico.

Reaccións adversas[editar | editar a fonte]

Os máis frecuentes son somnolencia, mareos, dificultades na coordinación psicomotora (ataxia) e na función motriz, deterioro nas funcións cognitivas, e depresión.

Tamén poden presentarse nerviosismo, alteracións do comportamiento, cansancio e debilidade non habituais, perda do equilibrio, e amnesia anterógrada (especialmente con dosis altas).

Os pacentes xeriátricos e debilitados, nenos e pacentes con trastornos hepáticos, son máis sensibles aos efectos das benzodiazepinas sobre o SNC.