Transvección (xenética)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A transvección é un fenómeno epixenético que se orixina pola interacción entre un alelo dun cromosoma e o correspondente alelo do cromosoma homólogo. A transvección pode facer que un xene se active ou se reprima. Pode darse tamén entre rexións non alélicas dun xenoma e en rexións do xenoma que non se transcriben.

A primeira observación dun apareamento de cromosomas mitótico (é dicir, non meiótico, xa que na meiose é algo normal) descubriuno por microscopía en 1908 Nettie Stevens.[1] Edward B. Lewis no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) descubriu a transvección no complexo xénico bithorax na mosca Drosophila na década de 1950.[2] Desde entón, a transvección foi observada noutros loci de Drosophila, como o white, decapentaplegic, ollos ausentes e yellow.[3][4] [5][6][7] Ed Lewis afirmou que "operacionalmente, a transvección ocorre se o fenotipo dun xenotipo dado pode ser alterado soamente por alteración do apareamento somático (ou meiótico). Tal alteración pode xeralmente realizarse pola introdución dun rearranxo heterocigótico que altera o apareamento na rexión relevante pero non ten efecto de posición por si mesmo sobre o fenotipo" (citado por Ting Wu e Jim Morris, 1999[8]). Recentemente, os fenómenos mediados polo apareamento observáronse en especies distintas de Drosophila melanogaster, como ratos, humanos, plantas, nematodos, insectos, e fungos. Á luz destes descubrimentos, a transvección pode representar unha forma ampla e potente de regulación xénica.[9][10]

A transvección parece depender do apareamento dos cromosomas. Nalgúns casos, se un alelo está situado nun cromosoma diferente debido a que houbo unha translocación, non se produce transvección. A transvección pode ás veces ser restaurada nunha translocación en homocigoto, na que ambos os alelos poden de novo aparearse. A restauración do fenotipo foi observada nos xenes bithorax, decapentaplegic, ollos ausentes, e vestigial, e con transxenes de white. Nalgúns casos, a transvección entre dous alelos orixina a complementación intraxénica, mentres que a perturbación da transvección altera a complementación.

Crese que a transvección ocorre por medio dunha variedade de mecanismos. Nun mecanismo, os amplificadores (enhancers) dun alelo activan o promotor dun segundo alelo apareado. Outros mecanismos son o silenciamento sensible ao apareamento e o bypass de amplificador dun illador da cromatina por medio de cambios mediados por apareamento na estrutura dun xene.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stevens NM (1908). "A study of the germ cells of certain Diptera with reference to the heterochromosomes and the phenomena of synapsis". J Exp Zool 5 (3): 359–374. doi:10.1002/jez.1400050304. 
  2. Lewis EB (1954). "The theory and application of a new method of detecting chromosomal rearrangements in Drosophila melanogaster". The American Naturalist 88 (841): 225–239. doi:10.1086/281833. 
  3. Gelbart WM, Wu CT (Oct 1982). "Interactions of zeste mutations with loci exhibiting transvection effects in Drosophila melanogaster". Genetics 102 (2): 179–89. 
  4. Duncan IW (2002). "Transvection effects in Drosophila". Annu. Rev. Genet. 36: 521–56. PMID 12429702. doi:10.1146/annurev.genet.36.060402.100441. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2015. 
  5. Kennison JA, Southworth JW (2002). "Transvection in Drosophila". Adv. Genet. Advances in Genetics 46: 399–420. ISBN 978-0-12-017646-5. PMID 11931232. doi:10.1016/S0065-2660(02)46014-2. 
  6. Pirrotta V (July 1999). "Transvection and chromosomal trans-interaction effects". Biochim. Biophys. Acta 1424 (1): M1–8. PMID 10456029. doi:10.1016/S0304-419X(99)00019-0. 
  7. McKee BD (March 2004). "Homologous pairing and chromosome dynamics in meiosis and mitosis". Biochim. Biophys. Acta 1677 (1–3): 165–80. PMID 15020057. doi:10.1016/j.bbaexp.2003.11.017. 
  8. Wu CT, Morris JR (April 1999). "Transvection and other homology effects". Curr. Opin. Genet. Dev. 9 (2): 237–46. PMID 10322135. doi:10.1016/S0959-437X(99)80035-5. 
  9. Sandhu KS, Shi C, Sjölinder M, Zhao Z, Göndör A, Liu L, Tiwari VK, Guibert S, Emilsson L, Imreh MP, Ohlsson R. Genes Dev. (2009-11-15). "Nonallelic transvection of multiple imprinted loci is organized by the H19 imprinting control region during germline development" 23 (22): 2598–603. PMID 19933149. doi:10.1101/gad.552109. 
  10. Rassoulzadegan M, Magliano M, Cuzin F (Feb 1, 2002). "Transvection effects involving DNA methylation during meiosis in the mouse". EMBO J. 21 (3): 440–50. PMID 11823436. doi:10.1093/emboj/21.3.440. 
  11. Lee AM, Wu CT (Dec 2006). "Enhancer-promoter communication at the yellow gene of Drosophila melanogaster: diverse promoters participate in and regulate trans interactions". Genetics 174 (4): 1867–80. PMID 17057235. doi:10.1534/genetics.106.064121. 
  12. Ou SA, Chang E, Lee S, So K, Wu CT, Morris JR (Oct 2009). "Effects of chromosomal rearrangements on transvection at the yellow gene of Drosophila melanogaster". Genetics 183 (2): 483–96. PMID 19667134. doi:10.1534/genetics.109.106559. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]