Transcendence (filme de 2014)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transcendence
Ficha técnica
Título orixinalTranscendence
DirectorWally Pfister
ProdutorBroderick Johnson
Andrew A. Kosorve
Kate Cohen
Marisa Polvino
Annie Marter
David Valdes
Aaron Ryder
GuiónJack Paglen
IntérpretesJohnny Depp
Rebecca Hall
Paul Bettany
Kate Mara
Cillian Murphy
Morgan Freeman
MúsicaMychael Danna[1]
FotografíaJess Hall
MontaxeDavid Rosenbloom
EstudioAlcon Entertainment
DMG Entertainment
Straight Up Films
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
(USA e o Canadá)
Summit Entertainment
(Internacional)
EstreaNova York 10 de abril de 2014
/ China 18 de abril de 2014
Duración119 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
China
XéneroCiencia ficción
Orzamento$100.000.000[3]
Recadación$103.000.000
Na rede
http://www.transcendencemovie.com
IMDB: tt2209764 Filmaffinity: 913067 Allocine: 214763 Rottentomatoes: m/transcendence_2014 Mojo: transcendence Allmovie: v573633 TCM: 964789 Metacritic: movie/transcendence Netlix: 70266675Editar o valor em Wikidata

Transcendence é un filme chinés-estadounidense dirixido por Wally Pfister que se estreou no 2014. Está protagonizado por Johnny Depp, Rebecca Hall, Kate Mara, Cillian Murphy, Paul Bettany e Morgan Freeman. O colaborador habitual de Pfister, Christopher Nolan, foi produtor executivo do proxecto.

O guión de Jack Paglen foi parte da coñecida como a "Lista negra", unha lista de guión populares que non foron producidos en Hollywood. A recadación de Transcendence foi decepcionante, que apenas recuperou o seu orzamento de $100 millóns. Recibiu maioritariamente críticas negativas, principalmente ó argumento, ós personaxes e ó diálogo.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O Doutor Will Caster (Johnny Depp) é o investigador máis importante no campo da intelixencia artificial, e está traballando na creación dunha máquina sensitiva que combine a intelixencia colectiva de todo o coñecido con rango completo de emocións humanas. Os seus experimentos altamente controvertidos fixérono famoso, mais ó mesmo tempo convertérono no principal obxectivo de extremistas anti-tecnolóxicos que, no seu intento de destruír a Will, converteránse nos catalizadores da súa propia transcendencia. Para a súa muller Evelyn (Rebecca Hall) e o seu mellor amigo Max Waters (Paul Bettany), a cuestión non é se poden facelo, senón se deben. Os peores medos de Evelyn e Max fanse realidade cando a sede de coñecemento de Will evoluciona nunha omnipresente busca de poder. O único que se volve incuestionable é que pode non haber xeito de detenelo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mychael Danna to Score Wally Pfister's 'Transcendence'". Film Music Reporter. 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  2. "TRANSCENDENCE (12A)". Entertainment Film Distributors. British Board of Film Classification. 7 de abril de 2014. Consultado o 8 de abril de 2014. 
  3. BoxOfficeMojo.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]