Tranquilizante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de ansiolítico é o Diazepam.

Os ansiolíticos (do lat. anxĭus, "angustiado", e o gr. λυτικός, "que disolve") ou tranquilizante menor é unha droga con acción depresora do sistema nervioso central, destinado a diminuír ou eliminar os síntomas da ansiedade e da tensión. Algúns dos máis coñecidos son taquicardia, sensación de afogo, insomnio etc. Estas manifestacións clínicas poden variar para cada un dos trastornos de ansiedade puntuais. Algunhas das desordes de ansiedade máis importantes son: Trastorno de Ansiedade Xeneralizada (TAX), fobias específicas, trastorno de pánico, trastorno de ansiedade social. Os ansiolíticos acostuman indicarse para tratar estes desordes, sobre todo a curto prazo, pero non son o único recurso farmacolóxico disposto para este propósito. Estes mesmos axentes son indicados adicionalmente para outros fins, segundo as súas propiedades farmacolóxicas, por exemplo para tratar o trastorno bipolar, a epilepsia e outras enfermidades mentais.

Efectos[editar | editar a fonte]

Trátase de drogas sintéticas que en pequenas doses resultan recomendadas polos médicos, non causan danos físicos ou mentais.

Os ansiolíticos afectan áreas do cerebro que controlan a ansiedade e o estado de alerta relaxando os músculos. Unha persoa que usa ansiolíticos por un longo período adquire dependencia ao medicamento. Os ansiolíticos prexudican principalmente as mulleres grávidas podendo causar malformacións do feto.

Do punto de vista orgánico ou físico os benzodiazepínicos son drogas bastante seguras, pois son necesarias grandes doses (20 a 40 veces máis altas que as habituais) para traer efectos máis graves: a persoa padece hipotonía muscular ("mole"), dificultade grande para quedar de pé e andar, a presión do sangue cae bastante e pode desmaiar. Mesmo así a persoa dificilmente chega a entrar en coma e a morrer. Entre tanto, a situación cambio moito se a persoa, ten tomado o benzodiazepínico, tamén inxeriu bebida alcólica. Nestes casos a intoxicación ponse seria, pois á gran diminución da actividade do cerebro podendo levar ao estado de coma.

Consumo[editar | editar a fonte]

Os Ansiolíticos poden ser consumidos oralmente e con xeringas que só son usadas en hospitais para sedar os pacientes. Os ansiolíticos mesturados con viño, é o que consome a clase social máis pobre, ademais da inhalación de pegamentos que producen rapidamente a destrución das neuronas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os dous grandes grupos destas clase son os barbitúricos e as benzodiazepinas. Na actualidade, os ansiolíticos que gozan de maior reputación son as benzodiazepinas. O Lexatin, pertencente a este grupo, é o ansiolítico comercial máis receitado en España. Antes do descubrimento desta familia, os barbitúricos eran os axentes ansiolíticos por excelencia. Estes caracterízanse por unha maior incidencia de efectos secundarios, xa que producen unha depresión máis xeneralizada do sistema nervioso.

Os barbitúricos teñen unha marxe de seguridade moi estreita; por este rexistráronse na literatura especializada numerosos casos de sobredose accidentais. A intoxicación aguda por inxesta de barbitúricos relacionáronse historicamente cunha taxa de mortalidade inaceptable para os parámetros ,a medicina actual. A avaliación risco-beneficio, motivou o seu abandono definitivo como axente ansiolítico. Porén, este balance resulta aínda favorable no que respecta ó seu potencial terapéutico como anticonvulsionante, para casos específicos que non responden a terapéutica convencional.

Historia[editar | editar a fonte]

Os ansiolíticos foron descubertos en 1950 e tiveron un crecemento entre 1960 e 1980. Nese período, máis do 10% da poboación consumia ansiolíticos de maneira regular ou esporádica. As substancias ansiolíticas de orixe natural continúan sendo, en pleno século XXI, a mellor alternativa para o control da ansiedade: a macela, a valeriana, a auga de mazá, a auga de azar, o leite morno son algúns dos produtos naturais que teñen comprobados efectos ansiolíticos e o seu uso é recomendable a calquera idade.

Mecanismos de acción[editar | editar a fonte]

Os mecanismos de acción dos fármacos ansiolíticos lévanse a cabo en distintos niveis nas neuronas, e moitos ansiolíticos exercen o seu efecto de acción a través de mecanismos descoñecidos, é por iso que se recomenda perentoriamente que os fármacos ansiolíticos sexan receitados por un médico e que o mesmo médico supervise o tempo que o fármaco deba administrarse ao paciente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]