Tramvia Blau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Tramvia Blau subindo cara ao Funicular do Tibidabo.
O Tramvia Blau cruzando a Ronda de Dalt.

O Tramvia Blau é un tranvía da parte alta da cidade de Barcelona xestionado por TMB, que une a estación de Avinguda Tibidabo, que é cabeceira da liña L7 de FGC co pé do Funicular do Tibidabo.

Foi inaugurado en 1901. Posteriormente sufriu remodelacións os anos 1922 e 1958.

Ata a inauguración do Trambaix era a única liña de tranvía que se conservou en toda Barcelona (despois de que na maior parte da cidade fosen substituídos por autobuses durante as décadas dos 60 e 70). Ademais ten unha función máis ben turística, por iso non está integrado e ten unha tarifa especial.

Características técnicas[editar | editar a fonte]

  • Data de inauguración: 29 de outubro de 1901
  • Lonxitude da liña: 1.130 metros
  • Altitude estación inferior: 226 metros
  • Altitude estación superior: 501 metros
  • Desnivel: 275 metros
  • Pendente máxima: 25,7%
  • Vehículos: 6
  • Capacidade dos vehículos: 113 persoas
  • Capacidade de transporte (nun só sentido): 1.356 persoas/hora
  • Velocidade: 4,1 m/s (14 km/h)
  • Diámetro do cable: 38 mm
  • Ancho de vía: 1.435 mm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tramvia Blau

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]