Trainz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trainz é un simulador ferroviario en 3D para ordenador creado pola compañía australiana Auram. O simulador permite tanto conducir diversos modelos de trens como deseñar e construír. Trainz version 1 apareceu en decembro de 2001 e a versión actual é Trainz Railroad Simulator 2006 que apareceu en setembro de 2005.