Traill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traill
Traill Ø
Traill en Groenlandia
<div style="position: absolute; z-index: 2; top: Erro de expresión: Falta un operador para /.%; left: Erro de expresión: Falta un operador para *.%; height: 0; width: 0; margin: 0; padding: 0;">
Traill
Traill
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
TerritorioGroenlandia Groenlandia
MarMar de Groenlandia (océano Ártico)
Coordenadas72°33′N 23°35′O / 72.550, -23.583Coordenadas: 72°33′N 23°35′O / 72.550, -23.583
Xeografía
Superficie3.452 km²
Longura máxima110 km.
Largura máxima48 km.
Punto máis alto1.884 m. sen nome
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Traill (en dinamarqués, Traill Ø) é unha grande illa ribeirega localizada en augas do mar de Groenlandia, fronte á costa nororiental de Groenlandia. Ten unha superficie de 3.452 km², que a converten na cuarta illa maior de Groenlandia -logo da propia illa principal de Groenlandia, da illa Disko e da Terra de Milne-.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Falla xigante na costa sur da illa Traill.

A illa Traill atópase na costa nordés de Groenlandia, da que a separa, todo ao longo da súa costa occidental, o fiorde do rei Oscar (Kong Oscar), de varios quilómetros de anchura. Un entrante de mar máis estreito, a canle de Veiga (Veiga Sund) sepáraa ao norte da illa da Sociedade Xeográfica. Só a zona sueste está aberta ao mar de Groenlandia (océano Ártico), sangrada por un gran fiorde, o fiorde Montnorris, que penetra uns trinta quilómetros no sur da illa.

Cunha lonxitude duns 120 km en dirección noroeste-sueste e unha anchura máxima duns 50 km, culmina nun punto sen nomear a 1.884 m..

A illa Traill é parte do Parque Nacional do nordés de Groenlandia (que comprende toda a parte nordeste de Groenlandia).

Poboación[editar | editar a fonte]

A illa de Traill está deshabitada.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa leva o nome do zoólogo escocés Thomas Stewart Traill (1781-1862).