Tragus (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Tragus
T. racemosus
T. racemosus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Chloridoideae
Tribo: Cynodonteae
Xénero: Tragus
Haller
Especies

Véxase no texto.

Tragus é un xénero de plantas herbáceas pertencente á familia das poáceas (Poaceae) establecido por Halle.[1] É orixnario de África, pero foi introducido en zonas subtropicais e tropicais de todo o mundo, onde medran como plantas ventureiras.

As plantas son monoicas, estoloníferas, e anuais ou perennes, dependendo das especies.

O caule é ascendente ou forma matas baixas; é glabro e de sección circular.

As follas son planas ou dobradas, e lineares; as lígulas son membranosas e tricomatosas.

As flores reúnense en panículas. Cada flor ten 3 estames, coas anteras de cor amarela pálida.

As cariópsides (graos) son elípticas e de cor dourada escura.[2]

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Número da base do cromosoma, x = 10. 2n = 20 e 40. 2 e 4 ploide.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tragus

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]