Três Marias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Três Marias no Estado de Minas Xerais

Três Marias é unha municipalidade do estado de Minas Xerais, en Brasil. A súa superficie é de 2.675 km², a poboación de 25.171 habitantes (2006) e a densidade de poboación de 9.4 h/km². A economía susténtase na agricultura, gandería, pesca, turismo e industria.

O clima é quente e húmido, cunha temperatura media de 22.5º C, cun máximo de 28,8º e un mínimo de 16,5º; a precipitación media é de 1442 mm

No termo municipal está o encoro das Três Marias, rematado en xaneiro de 1961, a súa potencia instalada é de 396 MW e fornece o 80% da enerxía consumida no norte de Minas Gerais.