Tour de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tour de France»)
Modelo:Competición deportivaTour de Francia
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialTour de France (1903–) Editar o valor em Wikidata
TipoGrandes Voltas Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
EpónimoFrancia Editar o valor em Wikidata
OrganizadorAmaury Sport Organisation
Société du Tour de France (en) Traducir
L'Auto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI WorldTour Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1903 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Organización
PresidenteChristian Prudhomme (pt) Traducir (2005–) Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: letour Twitter: LeTour Instagram: letourdefrance Youtube: UCSpycUnuU0IVF7gGIhGojhg Pinterest: letourdefrance Editar o valor em Wikidata

O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da primeira guerra mundial e desde 1940 ata 1946 pola segunda guerra mundial.

Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.

O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.

O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.

Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.

Maillots[editar | editar a fonte]

Lance Armstrong co maillot jaune.

Ó igual que outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas:

  • Maillot jaune (amarelo) ó líder da clasificación xeral da carreira (o gañador).
  • Maillot vert (verde) para o ciclista que acadou maior número de puntos na clasificación dos sprints (que se obteñen ós finais das etapas e nos sprints intermedios).
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) para aquel que ten maior número de puntos na clasificación da montaña (estes puntos obtéñense ó pasar nos primeiros postos polo cume dos montes. Canto maior sexa a categoría das montañas, maior é a cantidade de puntos).
  • Maillot blanc (branco) para o ciclista novo (de menos de 25 anos) que mellor clasificado está.

Outras clasificacións teñen outras formas de se sinalaren:

  • A clasificación da combatividade. Cada día, os xuíces escollen o corredor máis combativo da etapa anterior e proporciónanlle un dorsal (o número que levan nas costas) vermello para o distinguir.
  • A clasificación por equipos. Para calculala, súmanse os tempos de carreira dos tres primeiros corredores do equipo. Tódolos ciclistas do equipo que ocupa o primeiro lugar nesta clasificación reciben un dorsal amarelo.

Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.

A carreira[editar | editar a fonte]

No respectivo ás etapas de contra o reloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demais Grandes Voltas. Porén, ten certos detalles que o diferencian:

Contra o reloxo por equipos[editar | editar a fonte]

Na meirande parte dos Tours, adoita haber unha contra o reloxo por equipos na primeira semana. Porén, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contra o reloxo por equipos, que tamén recibiu gran cantidade de críticas.

Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o décimo quinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de aí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.

Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de atraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.

As bonificacións e as chegadas[editar | editar a fonte]

Durante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).

En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que conseguirían se non caesen.

En 2008 suprimíronse as bonificacións.

Historial do Tour de Francia[editar | editar a fonte]

Os podios marcados coa frase "Vacante" son o resultado da decisión da UCI de eliminar a Lance Armstrong e a Levi Leipheimer do historial do Tour de Francia por dopaxe.

Corredor Edicións
Francia Bernard Hinault 5 2 0 8
Bélxica Eddy Merckx 5 1 0 7
Francia Jacques Anquetil 5 0 1 8
España Miguel Indurain 5 0 0 12
Chris Froome 4 1 1 6
Greg LeMond 3 1 1 8
Francia Louison Bobet 3 0 1 11
Bélxica Philippe Thys 3 0 0 10
Luxemburgo Nicolas Frantz 2 2 0 6
Francia Antonin Magne 2 1 1 10
Italia Ottavio Bottecchia 2 1 0 4
Italia Gino Bartali 2 1 0 8
Francia André Leducq 2 1 0 9
Francia Laurent Fignon 2 1 0 10
Francia Bernard Thévenet 2 1 0 11
Francia Firmin Lambot 2 0 1 10
España Alberto Contador 2 0 0 3
Italia Fausto Coppi 2 0 0 3
Bélxica Sylvère Maes 2 0 0 6
Francia Lucien Petit-Breton 2 0 0 9
Galicia Óscar Pereiro Sío 1 0 0 6
Galicia Vicente López Carril 0 0 1 9
Pódios do Tour de Francia
Edicións Primeiro Segundo Terceiro
2020 - - -
2019 Egan Bernal Geraint Thomas Países Baixos Steven Kruijswijk
2018 Geraint Thomas Países Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
2017 Chris Froome Rigoberto Urán Francia Romain Bardet
2016 Chris Froome Francia Romain Bardet Nairo Quintana
2015 Chris Froome Nairo Quintana España Alejandro Valverde
2014 Italia Vincenzo Nibali Francia Jean-Christophe Péraud Francia Thibaut Pinot
2013 Chris Froome Nairo Quintana España Joaquim Rodríguez
2012 Bradley Wiggins Chris Froome Italia Vincenzo Nibali
2011 Australia Cadel Evans Luxemburgo Andy Schleck Luxemburgo Frank Schleck
2010 Luxemburgo Andy Schleck Denis Menchov España Samuel Sánchez
2009 España Alberto Contador (2) Luxemburgo Andy Schleck Vacante
2008 España Carlos Sastre Australia Cadel Evans Denis Menchov
2007 España Alberto Contador Australia Cadel Evans Vacante
2006 Galicia Óscar Pereiro Alemaña Andreas Kloden España Carlos Sastre
2005 Vacante Italia Ivan Basso España Francisco Mancebo
2004 Vacante Alemaña Andreas Kloden Italia Ivan Basso
2003 Vacante Alemaña Jan Ullrich Alexander Vinocurov
2002 Vacante España Joseba Beloki Lituania Raimondas Rumšas
2001 Vacante Alemaña Jan Ullrich España Joseba Beloki
2000 Vacante Alemaña Jan Ullrich España Joseba Beloki
1999 Vacante Suíza Alex Zülle España Fernando Escartín
1998 Italia Marco Pantani Alemaña Jan Ullrich Bobby Julich
1997 Alemaña Jan Ullrich Francia Richard Virenque Italia Marco Pantani
1996 Dinamarca Bjarne Riis Alemaña Jan Ullrich Francia Richard Virenque
1995 España Miguel Indurain (5) Suíza Alex Zülle Dinamarca Bjarne Riis
1994 España Miguel Indurain (4) Pëtr Ugrumov Italia Marco Pantani
1993 España Miguel Indurain (3) Suíza Tony Rominger Polonia Zenon Jaskuła
1992 España Miguel Indurain (2) Italia Claudio Chiappucci Italia Gianni Bugno
1991 España Miguel Indurain Italia Gianni Bugno Italia Claudio Chiappucci
1990 Greg LeMond (3) Italia Claudio Chiappucci Países Baixos Erik Breukink
1989 Greg LeMond (2) Francia Laurent Fignon España Pedro Delgado
1988 España Pedro Delgado Países Baixos Steven Rooks Fabio Parra
1987 Stephen Roche España Pedro Delgado Francia Jean-François Bernard
1986 Greg LeMond Francia Bernard Hinault Suíza Urs Zimmermann
1985 Francia Bernard Hinault (5) Greg LeMond Stephen Roche
1984 Francia Laurent Fignon (2) Francia Bernard Hinault Greg LeMond
1983 Francia Laurent Fignon España Ángel Arroyo Países Baixos Peter Winnen
1982 Francia Bernard Hinault (4) Países Baixos Joop Zoetemelk Países Baixos Johan van der Velde
1981 Francia Bernard Hinault (3) Bélxica Lucien Van Impe Francia Robert Alban
1980 Países Baixos Joop Zoetemelk Países Baixos Hennie Kuiper Francia Raymond Martin
1979 Francia Bernard Hinault (2) Países Baixos Joop Zoetemelk Portugal Joaquim Agostinho
1978 Francia Bernard Hinault Países Baixos Joop Zoetemelk Portugal Joaquim Agostinho
1977 Francia Bernard Thévenet (2) Países Baixos Hennie Kuiper Bélxica Lucien Van Impe
1976 Bélxica Lucien Van Impe Países Baixos Joop Zoetemelk Francia Raymond Poulidor
1975 Francia Bernard Thévenet Bélxica Eddy Merckx Bélxica Lucien Van Impe
1974 Bélxica Eddy Merckx (5) Francia Raymond Poulidor Galicia Vicente López Carril
1973 España Luis Ocaña Francia Bernard Thévenet España José Manuel Fuente
1972 Bélxica Eddy Merckx (4) Italia Felice Gimondi Francia Raymond Poulidor
1971 Bélxica Eddy Merckx (3) Países Baixos Joop Zoetemelk Bélxica Lucien Van Impe
1970 Bélxica Eddy Merckx (2) Países Baixos Joop Zoetemelk Gösta Pettersson
1969 Bélxica Eddy Merckx Francia Roger Pingeon Francia Raymond Poulidor
1968 Países Baixos Jan Janssen Bélxica Herman Van Springel Bélxica Ferdinand Bracke
1967 Francia Roger Pingeon España Julio Jiménez Italia Franco Balmamion
1966 Francia Lucien Aimar Países Baixos Jan Janssen Francia Raymond Poulidor
1965 Italia Felice Gimondi Francia Raymond Poulidor Italia Gianni Motta
1964 Francia Jacques Anquetil (5) Francia Raymond Poulidor España Federico Bahamontes
1963 Francia Jacques Anquetil (4) España Federico Bahamontes España José Pérez Francés
1962 Francia Jacques Anquetil (3) Bélxica Joseph Planckaert Francia Raymond Poulidor
1961 Francia Jacques Anquetil (2) Italia Guido Carlesi Luxemburgo Charly Gaul
1960 Italia Gastone Nencini Italia Graziano Battistini Bélxica Jan Adriaensens
1959 España Federico Bahamontes Francia Henry Anglade Francia Jacques Anquetil
1958 Luxemburgo Charly Gaul Italia Vito Favero Francia Raphaël Géminiani
1957 Francia Jacques Anquetil Bélxica Marcel Janssens Austria Adolf Christian
1956 Francia Roger Walkowiak Francia Gilbert Bauvin Bélxica Jan Adriaensens
1955 Francia Louison Bobet (3) Bélxica Jean Brankart Luxemburgo Charly Gaul
1954 Francia Louison Bobet (2) Suíza Ferdi Kübler Suíza Fritz Schär
1953 Francia Louison Bobet Francia Jean Malléjac Italia Giancarlo Astrua
1952 Italia Fausto Coppi (2) Bélxica Stan Ockers España Bernardo Ruiz
1951 Suíza Hugo Koblet Francia Raphaël Géminiani Francia Lucien Lazarides
1950 Suíza Ferdi Kübler Bélxica Stan Ockers Francia Louison Bobet
1949 Italia Fausto Coppi Italia Gino Bartali Francia Jacques Marinelli
1948 Italia Gino Bartali (2) Bélxica Briek Schotte Francia Guy Lapébie
1947 Francia Jean Robic Francia Edouard Fachleitner Italia Pierre Brambilla
1940-1946 Non se disputou
1939 Bélxica Sylvère Maes (2) Francia René Vietto Bélxica Lucien Vlaemynck
1938 Italia Gino Bartali Bélxica Félicien Vervaecke Francia Victor Cosson
1937 Francia Roger Lapébie Italia Mario Vicini Suíza Leo Amberg
1936 Bélxica Sylvère Maes Francia Antonin Magne Bélxica Félicien Vervaecke
1935 Bélxica Romain Maes Italia Ambrogio Morelli Bélxica Félicien Vervaecke
1934 Francia Antonin Magne (2) Italia Giuseppe Martano Francia Roger Lapébie
1933 Francia Georges Speicher Italia Learco Guerra Italia Giuseppe Martano
1932 Francia André Leducq (2) Alemaña Kurt Stöpel Italia Francesco Camusso
1931 Francia Antonin Magne Bélxica Jef Demuysere Italia Antonio Pesenti
1930 Francia André Leducq Italia Learco Guerra Francia Antonin Magne
1929 Bélxica Maurice Dewaele Italia Giuseppe Pancera Bélxica Jef Demuysere
1928 Luxemburgo Nicolas Frantz (2) Francia André Leducq Bélxica Maurice Dewaele
1927 Luxemburgo Nicolas Frantz Bélxica Maurice Dewaele Bélxica Julien Vervaecke
1926 Bélxica Lucien Buysse Luxemburgo Nicolas Frantz Italia Bartolomeo Aymo
1925 Italia Ottavio Bottecchia (2) Bélxica Lucien Buysse Italia Bartolomeo Aymo
1924 Italia Ottavio Bottecchia Luxemburgo Nicolas Frantz Bélxica Lucien Buysse
1923 Francia Henri Pélissier Italia Ottavio Bottecchia Francia Romain Bellenger
1922 Bélxica Firmin Lambot (2) Francia Jean Alavoine Bélxica Félix Sellier
1921 Bélxica Léon Scieur Bélxica Hector Heusghem Francia Honoré Barthélémy
1920 Bélxica Philippe Thys (3) Bélxica Hector Heusghem Bélxica Firmin Lambot
1919 Bélxica Firmin Lambot Francia Jean Alavoine Francia Eugène Christophe
1915-1918 Non se disputou
1914 Bélxica Philippe Thys (2) Francia Henri Pélissier Francia Jean Alavoine
1913 Bélxica Philippe Thys Francia Gustave Garrigou Bélxica Marcel Buysse
1912 Bélxica Odile Defraye Francia Eugène Christophe Francia Gustave Garrigou
1911 Francia Gustave Garrigou Francia Paul Duboc Francia Émile Georget
1910 Francia Octave Lapize Luxemburgo François Faber Francia Gustave Garrigou
1909 Luxemburgo François Faber Francia Gustave Garrigou Francia Jean Alavoine
1908 Francia Lucien Petit-Breton (2) Luxemburgo François Faber Francia Georges Passerieu
1907 Francia Lucien Petit-Breton Francia Gustave Garrigou Francia Émile Georget
1906 Francia René Pottier Francia Georges Passerieu Francia Louis Trousselier
1905 Francia Louis Trousselier Francia Hippolyte Aucouturier Francia Jean-Baptiste Dortignacq
1904 Francia Henri Cornet Francia Jean-Baptiste Dortignacq Bélxica Aloïs Catteau
1903 Francia Maurice Garin Francia Lucien Pothier Francia Fernand Augereau

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]