Totonicapán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 14°54′39″N 91°21′38″W / 14.91083°N 91.36056°W / 14.91083; -91.36056 Totonicapán é a cabeceira do departamento de Totonicapán, en Guatemala. É tamén un municipio de 96.392 habitantes (2002).[1]

O municipio sitúase na parte sueste do departamento e ten unha extensión territorial de 328 km2. Linda polo norte cos municipios de Santa María Chiquimula e Momostenango, ao sur cos municipios de Cantel e Salcajá (departamento de Quetzaltenango), e os de Santa Catarina Ixtahuacán, Nahualá e Sololá (departamento de Sololá).

A maioría da poboación (98%) pertence á etnia maia quiché.

Situado na cordilleira da Serra Madre, o municipio de Totonicapán ten unha topografía montañosa e quebrada. O seu clima é relativamente frío cunha temperatura media de 12 ºC.

No ámbito económico, a maioría da poboación emprégase na produción agrícola de millo e frixoles, esencialmente para o autoconsumo, así como a produción artesanal de mobles de madeira, tecidos de la, cerámica, etc.[2]

O nome Totonicapán deriva das verbas en náhuatl "totl" e "nicapan", que quere dicir "cerro dos páxaros"?. O seu nome en idioma k'iche' é "Chwi meq'ina'", cuxo significado é "sobre a auga quente".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]