Toshio Akiyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaToshio Akiyama
Nome orixinal(ja) 秋山紀夫 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1929 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Omiya-ku (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónMusashino Academia Musicae (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , director de orquestra , musicólogo Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 34bd13fc-48f6-4be3-9549-62619ab5ce95 Editar o valor em Wikidata

Toshio Akiyama (秋山紀夫,Akiyama Toshio), nado o 26 de marzo de 1929 en Ōmiya, é un compositor, profesor e director de música xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Akiyama estudou na Academia de Música Musashino en Toquio, onde se graduou en 1963, e tamén na Universidade de Belas Artes de Toquio. En 1973-1974 estivo nos Estados Unidos completando a súa educación na Escola de Música Eastman en Rochester e na Universidade de Míchigan.

Deu clases de música nun instituto público da súa cidade natal, foi director da Sony Concert Band (1958-2000) e profesor da Academia de Música Musahino (1968-1999). Foi vicepresidente da Asociación de Bandas do Xapón (1973-1983), presidiu a Asociación Xaponesa de Directores de Bandas (1993-1997) e é membro da Asociación Mundial de Bandas e Conxuntos Sinfónicos.

Composicións[editar | editar a fonte]

Obras para banda[editar | editar a fonte]

  • 1959 Yorokobino Hinotameni
  • 1963 Japanese Songs
  • 1965 Saitama Kokutai-March
  • 1968 Sports-March

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wolfgang Suppan, Armin Suppan: Das Neue Lexikon des Blasmusikwesens, 4. Auflage, Freiburg-Tiengen, Blasmusikverlag Schulz GmbH, 1994, ISBN 3-923058-07-1
  • Wolfgang Suppan: Das neue Lexikon des Blasmusikwesens, 3. Auflage, Freiburg-Tiengen, Blasmusikverlag Schulz GmbH, 1988, ISBN 3-923058-04-7
  • Wolfgang Suppan: Lexikon des Blasmusikwesens, 2. ergänzte und erweiterte Auflage, Freiburg-Tiengen, Blasmusikverlag Fritz Schulz, 1976
  • Paul E. Bierley, William H. Rehrig: The heritage encyclopedia of band music : composers and their music, Westerville, Ohio: Integrity Press, 1991, ISBN 0-918048-08-7
  • Jill McManus: Women jazz composers and arrangers, in: Judith Lang Zaimont: The musical woman. An international perspective Volume I: 1983, Westport, Connecticut: Greenwood Press, 1983, 406 p., ISBN 978-0313235870
  • Norman E. Smith: Band music notes, Revised edition, San Diego: Niel A. Kjos, Jr., 1979. ISBN 978-0849754012