Toribio de Astorga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toribio de Astorga
Nacemento402
Lugar de nacementoAstorga
Falecemento460
Lugar de falecementoAstorga
NacionalidadeRoma Antiga e Reino visigodo de Tolosa
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpresbítero
editar datos en Wikidata ]

Toribio de Astorga, nado en Betanzos e finado en Astorga no 476, foi un relixioso católico, bispo de Astorga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras vender tódalas súas posesións, Toribio dirixiuse a Xerusalén, onde gañou o aprecio do patriarca Xuvenal e foi nomeado sacristán maior da igrexa do Santo Sepulcro. Non están claras as circunstancias nas que se fixo con varias reliquias, entre as que destaca un "Lignum Crucis", un dos anacos da cruz na que faleceu Xesucristo, se ben todo indica que as recibiu do propio Xuvenal como premio aos seus servizos.

De volta a Iberia, pasa por Roma, onde coñece o Papa León I O Magno, do que se fixo gran seguidor. Alí foi nomeado arquidiácono de Tui, onde posteriormente foi ordenado sacerdote. Aos poucos anos, en 444, foi nomeado bispo de Astorga. Desde esta sede remitiulle ao Papa unha carta expoñéndolle a súa preocupación polo auxe dunha doutrina que consideraba extinta: o Priscilianismo. Ante esta misiva, León I encargoulle a celebración dun concilio do que non hai constancia histórica (algúns autores sitúano cara ao ano 446 ou 447), co obxecto de excomungar tódolos bispos que non condenasen a dita crenza, considerada pola igrexa católica como herexía. Isto causou o enfado de pobo e clero, ata o punto de ter que retirarse de novo a Tui.

Anos máis tarde sufriu as persecucións do rei visigodo Teodorico II (falecido no 466), debendo refuxiarse na rexión asturiana do Monsacro. De volta a Astorga, faleceu no ano 476.

A súa festividade celébrase o 16 de abril.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]