Torbeo, Ribas de Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torbeo
Concello: Ribas de Sil
Área: - km²
Poboación: (Ano 2007) 137 hab.
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 19

Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. No ano 2007 contaba con 137 habitantes (74 homes e 63 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 62 habitantes en relación ao ano 2000.

Índice

[editar] Xeografía

Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.

[editar] Historia

Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a sía lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.

En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía contaba con 100 vasalos.

Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.

Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.

[editar] Patrimonio

Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova.

Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Torbeo

Lugares da parroquia de Torbeo no concello de Ribas de Sil (Lugo)

O Barrio | Campos | O Carballiño | As Cortes | A Covela | Figueiro | As Fontes | Lama de Paio | Moreiras de Abaixo | Moreiras de Arriba | Moreiras do Medio | O Outeiro | Pacios | Paredes | As Pozas | San Lourenzo | San Martiño | A Ventosa | Os Vilares

[editar] Parroquias de Ribas de Sil

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribas de Sil

Nogueira (Nosa Señora das Neves) | Peites (San Martiño) | Piñeira (San Cristovo) | Rairos (Santa Lucía) | Ribas de Sil (San Clodio) | Soutordei (Santiago) | Torbeo (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas