Toquio - 東京
Coordenadas: 35°41′22.22″N 139°41′30.12″E / 35.6895056°N 139.6917°E
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Información | |||||
| País | Xapón | ||||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||||
| Illa | Honshū | ||||
| Superficie | 2.187,08 km2 | ||||
| Poboación | 12.527.115 millóns (2003) | ||||
| Densidade | 5.728 h/km² | ||||
| Gobernador | Naoki Inose | ||||
| www.metro.tokyo.jp Páxina Oficial | |||||
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Toquio ou Tokyo (東京都, とうきょうと Tōkyō?)
pronunciación (axuda · info) (lit. capital do leste) é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Situase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sofreu grande destruición dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeamentos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.
Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefeitura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son or mura). Cada unha delas posui un goberno que opera a nivel rexional. É parte de Toquio tamén pequenas illas no Océano Pacífico, localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.
Máis de 8 millóns de persoas viven nos 23 distritos autonomos que constitúen a parte central de Toquio. Estes 23 distritos definen a "Cidade de Toquio", na opinión da maioría dos especialistas e outras persoas - estes 23 distritos posúen 8,340,000 habitantes. A poboación de Toquio aumenta en 2.5 millóns ao longo do día, debido aos estudantes e traballadores de prefecturas veciñas, que vón á Toquio para estudar e traballar. A poboación total dos barrios de Chiyoda, Chūō e Minato, que compiónn a rexión central de Toquio, e onde está localizado o principal centro financeiro do país, é de menos de 300 mil habitantes; porén, máis de 2 millóns de persoas traballan na rexión.
Toquio é o principal centro político, financeiro, comercial, educacional e cultural do Xapón. Así sendo, Toquio posúe a maior concentración de sedes de empresas comerciais, institucións de ensino superior, teatros e outros estabelecimentos comerciais e culturais do país. Toquio tamén posúe un sistema de transporte público altamente desenvolvido, con numerosas liñas de trens, metro e de autobuses, así como o Aeroporto Internacional de Toquio.
Índice |
Historia [editar]
O asentamento humano máis antigo que se ten noticia data de 737. Os arqueólogos descobriron os restos dun templo budista e dun monasterio. Porén, a data de fundación oficial da cidade é o ano de 1457. Neste ano, Ota Dokan, un guerreiro xaponés, baixo ordes de Uesuxi Mochitomo, construiu un castelo nas montañas da rexión, onde actualmente fica Toquio. Este castelo, que ficaría coñecido como o Castelo de Edo, estaba localizado nunha posición estratéxica, en termos militares, porque a súa alta posición nas montañas permitía unha ampla visión da baía de Toquio. Unha cidade, chamada Edo (actual Toquio), creceu nas inmediacións do castelo. Actualmente, onde se construíra o castelo está localizado o Palacio Imperial do Xapón.
Edo comezou a desenvolverse rapidamente despois de 1590, cando foi capturada por soldados de Tokugawa Ieyasu, un shogun, líder dun clá de cuño guerreiro. El fixo de Edo seu cartel-xeneral. No 1603, Ieyasu tornouse shogun do Xapón, e Edo tornouse o principal centro político do país (apesar de Kyoto continuar ser a residencia do emperador, e, como tal, a capital oficial do Xapón). No comezo do século XIX, Edo posuía máis dun millón de habitantes. O clá de Ieyasu, os Tokugawa, continuaría a gobernar a cidade ata 1867.
No 1853, o comandante norteamericano Matthew Perry desembarcou na Baía de Toquio, á frente dunha frota de catro navíos de guerra, como un enviado do goberno norteamericano, coa misión de instutuir relacións diplomáticas e comerciais, entre o Xapón e os Estados Unidos. Perry voltou á Toquio no ano seguinte, no 1854, á frente dunha frota maior do que a anterior, e asinou un tratado diplomático entre os líderes de goberno do Xapón. No ano seguinte, o Xapón asinaría tratados de cuño diplomático con outros países da Europa, marcando o inicio da influencia da cultura occidental en todo o país.
Os Tokugawa foron depostos no 1867. No 1869, o Imperador Mexitsu (ou Mutsuhito) mudouse para Edo, e o nome desta foi mudado para "Toquio", facendo da cidade oficialmente a capital do Xapón. Toquio significa, en xaponés, "capital do oriente", e á época era constituída de 15 barrios diferentes (en comparación aos actuais 23). Desde entán, Toquio rapidamente adaptou moito da cultura occidental, e no final do século XIX, Toquio xa pareciase moito con unha cidade occidental.
O 1 de setembro de 1923, Toquio foi atinxida por un violento abalo sísmico. O terremoto e o incendio que se seguiu causaron a morte de máis de 120 mil persoas, ben como a destrución da maior parte de Toquio. Toquio foi lentamente reconstruída ao longo dos próximos 15 anos. Neste período, barrios veciños a Toquio comezaron a desenvolverse. No 1932, outros distritos, cidades e vilas veciñas foron anexadas a Toquio, que formal o seu actual limite municipal. Xa durante a segunda guerra mundial, en 1943, o goberno xaponés decidiu instituír a Provincia Metropolitana de Toquio.
Constantes bombardeos norte-americanos, coa segunda guerra mundial, en Toquio destruíron moito dela. Os bombardeos norteamericanos comezaron en 1942, e estenderanse ata o final da guerra. Os bombardeos máis pesados atinxiron Toquio en 1944 e 1945, destruíndo aproximadamente un terzo da cidade, e matando aproximadamente 150 mil persoas. Millóns de persoas decidiron abandonar Toquio. Esta tiña preto de 7.3 millóns de habitantes en 1940; no final da guerra, a poboación caera á metade, para preto de 3.5 millóns.
Toquio foi novamente reconstruída despois do fin da guerra. Porén, esta reconstrución fíxose sen control. Predios e vías públicas foron simplemente construídas onde había espazo. Poucos anos despois da fin da guerra, Toquio novamente vibraba como un centro comercial, e a súa poboación comezou a crecer novamente. En un espazo de 15 anos, a poboación de Toquio triplicara, chegando a 9 millóns no 1960. Este rápido crescimento eventualmente tornou a Rexión Metropolitana de Toquio a área urbana máis habitada do mundo. A provincia foi sede das olimpíadas de verán no 1964.
En 1966, un plan director foi instituído en Toquio, co obxectivo de minimizar varios de seus problemas. Sistemas de metro e de trens foron expandidos, leis contra industrias poluidoras foron instituidas e mellorouse o sistema de saneamento básico. Moitos arraña-céus foron construídos neste período. Para tentar reducir a superpoboación da rexión, o goberno xaponés incentivou a construción de novas cidades sub-urbanas, en torno de Toquio.
Na década de 1990, o problema da polución atmosférica reducírase, e acadáranse os principais obxectivos do plan director. Porén, continúan a ser grandes problemas en Toquio a altísima densidade populacional e o alto valor do terreo, na rexión.
Xeografía [editar]
Localización xeográfica [editar]
Toquio está localizada na marxe noroeste da baía de Toquio. Limita coa prefectura de Chiba a leste, prefectura de Yamanashi ao oeste, prefectura de Kanagawa ao sur e prefectura de Saitama ao norte. Fan tamén parte de Toquio illas que están espalladas no Océano Pacífico. A máis distante delas están a mil quilometros de Toquio.
Rexión metropolitana [editar]
Toquio é o centro da maior rexión metropolitana do mundo, coñecida como Rexión Metropolitana de Toquio-Yokohama. Esta rexión metropolitana inclúe as prefecturas xaponesas de Chiba, Kanagawa e Saitama. preto dun carto de toda a poboación do Xapón vive na rexión metropolitana de Toquio. A poboación desta é de 33,418,366 habitantes (dado de 2000), e súa área urbana é de 5,200 km2.
Clima [editar]
Toquio posúe un clima temperado. Súa temperatura media no inverno é de 4 °C, e no verán é de 24 °C. As precipitacións anuais caen regulamente en forma de choiva e neve derretida, raramente na forma de neve, e é de 147 centímetros anuais.
Administración [editar]
- Ver tamén: Barrios de Toquio
Toquio non é tecnicamente unha cidade, mais sín, unha das 47 provincias do Xapón. Ela está dividida en 23 bairros e 39 cidades e vilas diferentes. Cada unha delas posúen poderes municipais, cada unha delas con seus propios prefeitos e asembleas municipais. Porén, débese notar que o goberno provincial de Toquio limita os poderes destes gobernos locais. Este goberno crea leis que valen para todas os distritos e cidades de Toquio e tén o poder de anular caisquer leis aprobadas por un desas subdivisións rexionais. O goberno provincial tamén é responsable polo fornecimento de cobertura policial na cidade, aínda que outros servizos públicos sexan de responsabilidade rexional, tal como os sistemas de saneamento básico, por exemplo. Cada unha desas subdivisións rexionais tamén é obrigada a fornecer estes servizos públicos.
Os habitantes de Toquio elexe un gobernador para mandatos de 4 anos de duración. Leis provinciais son discutidas e aprobadas por unha Asembléia Metropolitana. Seus 127 membros son electos pola poboación da provincia para mandatos de 4 anos de duración. Cada distrito, cidade ou vila que fai parte da provincia de Toquio posui ao menos un representante na asembléia.
Un dos métodos de recadación de fundos dáse a través de impostos de propiedade. Cada distrito, cidade ou vila pode criar impostos locais para a manuntención dos servizos realizados por tais subdivisións provinciais. Elas tamén receben verbas da provincia de Toquio, que, por súa vez, recebe verbas directamente do goberno de Toquio.
Os 23 barrios especiais de área metropolitana de Tōkyō [editar]
- Adachi-ku (足立区, あだちく)
- Arakawa-ku (荒川区, あらかわく)
- Bunquiou-ku (文京区, ぶんきょうく)
- Chiioda-ku (千代田区, ちよだく)
- Chuuou-ku (中央区, ちゅうおうく)
- Edogawa-ku (江戸川区, えどがわく)
- Itabaxi-ku (板橋区, いたばしく)
- Katsuxika-ku (葛飾区, かつしかく)
- Quita-ku (北区, きたく)
- Koutou-ku (江東区, こうとうく)
- Meguro-ku (目黒区, めぐろく)
- Minato-ku (港区, みなとく)
- Nakano-ku (中野区, なかのく)
- Nerima-ku (練馬区, ねりまく)
- Oota-ku (大田区, おおたく)
- Setagaya-ku (世田谷区, せたがやく)
- Xibuia-ku (渋谷区, しぶやく)
- Xinagawa-ku (品川区, しながわく)
- Xinlluku-ku (新宿区, しんじゅくく)
- Suguinami-ku (杉並区, すぎなみく)
- Sumida-ku (墨田区, すみだく)
- Taitou-ku (台東区, たいとうく)
- Toxima-ku (豊島区, としまく)
Área Tama [editar]
Cidades [editar]
- Aquiruno-shi (あきる野市, あきるのし)
- Aquixima-shi (昭島市, あきしまし)
- Chōfu-shi (調布市, ちょうふし)
- Fuchū-shi (府中市, ふちゅうし)
- Fussa-shi (福生市, ふっさし)
- Ghachioulli-shi (八王子市, はちおうじし)
- Ghamura-shi (羽村市, はむらし)
- Ghigaxi-kurume-shi (東久留米市, ひがしくるめし)
- Ghigaxi-murayama-shi (東村山市, ひがしむらやまし)
- Ghigaxi-iamato-shi (東大和市, ひがしやまとし)
- Ghino-shi (日野市, ひのし)
- Inagui-shi (稲城市, いなぎし)
- Quiiose-shi (清瀬市, きよせし)
- Kodaira-shi (小平市, こだいらし)
- Koganei-shi (小金井市, こがねいし)
- Kokubunlli-shi (国分寺市, こくぶんじし)
- Komae-shi (狛江市, こまえし)
- Kunitachi-shi (国立市, くにたちし)
- Machida-shi (町田市, まちだし)
- Mitaka-shi (三鷹市, みたかし)
- Musaxi-murayama-shi (武蔵村山市, むさしむらやまし)
- Musaxino-shi (武蔵野市, むさしのし)
- Nixi-tōkyō-shi (西東京市, にしとうきょうし)
- Oume-shi (青梅市, おうめし)
- Tachikawa-shi (立川市, たちかわし)
- Tama-shi (多摩市, たまし)
Distritos [editar]
- Nishitama-gun (西多摩郡, にしたまぐん)
- Ghinode (日の出町, ひのでまち)
- Ghinoghara (檜原村, ひのはらむら)
- Mizugho (瑞穂町, みずほまち)
- Okutama (奥多摩町, おくたままち)
Rexión insular [editar]
- Subprefectura de Ōshima (大島支庁, おおしましちょう)
- Ooxima-machi (大島町, おおしままち)
- Toxima-mura (利島村, としまむら)
- Niillima-mura (新島村, にいじまむら)
- Kouzuxima-mura (神津島村, こうづしまむら)
- Subprefectura de Miyake (三宅支庁, みやけしちょう)
- Miiaque-mura (三宅村, みやけむら)
- Mikurallima-mura (御蔵島村, みくらじまむら)
- Subprefectura de Hachijō (八丈支庁, はちじょうしちょう)
- Ghachillou-machi (八丈町, はちじょうまち)
- Aogaxima-mura (青ヶ島村, あおがしまむら)
- Subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁, おがさわらしちょう)
- Ogasawara-mura (小笠原村, おがさわらむら)
Demografía [editar]
|
|
Toquio posui máis postos de traballo e locais de recreación cultural do que calquera outra cidade do Xapón, atraíndo moitas persoas do resto do país (especialmente xovens). Súa densidade populacional é extremamente alta, de 14 mil persoas por quilometro cadrado, case dúas veces máis que Nova York.
97% da imensa poboación da provincia son decendentes de xaponeses. Os dous maiores grupos étnicos minoritarios de Toquio son chineses e coreanos, cada unha responsable por menos de 1% da poboación da provincia.
A maior parte da poboación de Toquio son budistas. A segunda relixión máis praticada na provincia é o cristianismo, praticada por apenas 1.8% da poboación de Toquio.
Vivenda [editar]
A imensa poboación de Toquio cria unha altísima demanda por residencias. No pasado, a maioría dos habitantes da provincia vivia en casas dun ou dous andares, feitas de madeira, cada unha con seu propio xardín, quintal e capela relixiosa. Á medida que a poboación de Toquio foi crecendo, tais casas foron demolidas, e no seu lugar, edificios de apartamentos foron construídos.
Mesmo así, a procura por residencias continuou a ser máis alta do que a oferta, aumentando prezos do terreno e do aluguel - especialmente dentro dos 23 distritos da provincia. Como resultado, a partir da década de 1970, máis persoas abandonaron a rexión dos 23 distritos, mudandose para Tama (parte da provincia de Toquio), ou mesmo para outras cidades veciñas máis distantes. En Tama, o goberno provincial de Toquio creou un proxecto de residenciamento barato, para familias de baixa renda. Porén, estas residencias están localizadas moito lonxe dos principais centros comerciais e industriais, e moitos destes traballadores de baixa renda son obrigados a usar o transporte público, e pasan por veces máis de catro horas somente dentro dalgun medio de transporte público.
Poboación [editar]
Por área (dados de 1 de outubro de 2003)
- Toquio: 12.36 millóns (poboación fixa)
- Toquio: 14.667 millóns (de dia, cando persoas de outras cidades veciñas vén á Toquio a traballo ou a estudo)
- 23 distritos: 8.34 millóns
- Rexión urbana de Tama: 4 millóns
- Illas do Pacífico: 27 mil
Por idade (dados de 1 de xaneiro de 2003):
- Pré-adolecentes: (0 - 14 anos de idade) 1.433 millóns (12%)
- Persoas en idade de traballo (15-64): 8.507 millóns (71.4%)
- Maiores (65+): 2.057 millóns (16.6%)
Por nacionalidade
- Estranxeiros: 353,826 (dados de 1 de xaneiro de 2005)
- Os cinco maiores grupos estranxeiros en Toquio: chineses (120,331), coreanos (103,191), filipinos (31,505), norteamericanos (18, 043) e ingleses (7,585)
Economía [editar]
Toquio é un dos maiores e máis importantes centros economicos do mundo, sendo facilmente o maior centro industrial e financeiro do país. Algunhas das 25 maiores empresas de manufaturación están radicadas en Toquio.
Moitas das maiores compañias de eletronicos do Xapón fabrican seus produtos en Toquio, e moitos deses produtos son exportados a outros países. Entre elas, destácanse a Sony, a Toshiba e a Hitachi. Publicación tamén é unha das principais industrias da cidade. A maioría das empresas de publicación do Xapón están sediadas en Toquio, e a maior parte das revistas e xornais publicados na provincia son fabricados en Toquio. Outras indústrias importantes son a industria petroquímica, fabricación de automóbeis, madeira e derivados e móbeis. Outros grandes centros industriais localizados na rexión metropolitana de Toquio son Yokohama e Kawasaki, estas, grandes produtos de navíos, produtos petroquímicos, automóbeis e produtos de ferro e aceiro.
Toquio é o principal centro financeiro da Asia, e un dos máis influentes do mundo. A bolsa de valores da provincia é unha das máis movidas do mundo. A maioría das instituicións financeiras do país están en Toquio, ben como a maioría das instituicións financeiras multinacionais instaladas no país.
Puntos de interese [editar]
O turismo é unha das principais fontes de renda de Toquio. Millóns de turistas, boa parte deles estranxeiros, visitan Toquio anualmente. Alén de suas moitas atracións turísticas, a cidade tamén sedia alguns grandes eventos anuais, como a parada dos bombeiros de Toquio, o 6 de xaneiro, ou o Festival de Sanxa, a comezos de maio.
Os turistas que visitan a cidade dispoñen de moitos hotéis e restaurantes de calidade. Dos hotéis, os turistas poden optar por ficar en hotéis construídos e mobiliados en estilo occidental, ou en Ryokans, hoteis ao estilo xaponés. Estes hotéis posuen, por exemplo, portas que se deslocan nun sentido lateral, chamadas de shoji, e dun tapete, chamado tatami. En canto aos restaurantes, alguns especializanse en culinaria xaponesa, de outras culturas asiáticas, ou pola culinaria occidental.
Toquio posui moitos pontos de interese. As máis coñecidas son:
- A Torre de Toquio: Unha torre de 333 metros de altura, localizado ao sur do Palacio Imperial.
- O Palacio Imperial do Xapón: a residencia oficial do imperador do Xapón. Porén, está aberta ao público apenas dúas veces ao ano, todo 2 de xaneiro e no dia do aniversario do imperador. Eses dias atraen millares de xaponeses.
- Os varios templos budistas de Toquio atraen millóns de turistas e relixiosos todo ano.
- Os belos xardins e parques de Toquio atraen a moita xente. Un dos parques máis populares de Toquio é o Parque Ueno, famoso polas suas belas e raras especies de flores.
Recreación [editar]
Os deportes favoritos da poboación de Toquio seguen sendo o judo e mailo sumo, deportes que fixeron parte da cidade durante séculos. Porén, deportes occidentais, como fútbol, boliche, golf, bádminton, tenis e especialmente o béisbol están ficando cada vez máis populares entre a poboación da cidade, especialmente entre os novos.
Actualmente, o deporte máis popular en Toquio é o deporte occidental máis popular da provincia. Os xogos da liga profesional de béisbol do Xapón son realizados no Estadio de Toquio, que posúe capacidade para máis de 50 mil persoas.
A provincia dispón de moitos bares nocturnos. É moito común en Toquio os bares de karaoke, onde clientes cantan á fronte de outros clientes.
Cultura [editar]
A maior parte da poboación de Toquio é budista, e, así sendo, centenas de templos budistas están localizados na provincia, aínda que moitos dos habitantes de Toquio van a estes templos apenas en cerimonias especiais como casamentos e funerais, por exemplo, preferindo practicar os seus actos relixiosos na casa.
Dado a imensa densidade populacional da rexión, a maior parte dos apartamentos e casas da cidade son pequenos, deseñados para abrigar unha familia de 2 adultos e 2 ou 3 crianzas. Moitas delas son mobiliadas segundo estilo xaponés, aínda que outros sigan un patrón máis occidental.
A maioría das persoas usan vestimentas occidentais, no dia a dia. Algumas mulleres máis vellas, porén, ainda insisten en usar kimono, unha roupa feminina típica xaponesa. Roupas tradicionais xaponesas son usadas, xeralmente, apenas en dias ou eventos especiais.
Moitos dos máis prestixiados artistas xaponeses traballan en Toquio. Alguns ainda usan métodos e técnicas xaponeses, que foron usadas polos seus descendentes e pasan de xeración a xeración, e outros artistas preferen usar métodos e técninas occidentais. Toquio é o centro nacional da música, drama e do teatro xaponés. Dúas formas de drama xaponeses, no e kabuki, son as formas favoritas de entretenimento da poboación da provincia.
Educación [editar]
- Escolas: O Goberno Metropolitano de Toquio é responsable da administración e do mantimento de máis de 2,900 escolas. Ainda que alguns distritos e cidades de Toquio non posuen escolas suficientes para atender á poboación en crecimento, outros distritos, onde se construiron grandes centros comerciais, posuen escolas case baleiras.
- Bibliotecas: O sistema de biblioteca pública de Toquio inclui unha biblioteca central e dous órgaos públicos, encarregados de administrar outras bibliotecas menores espalladas ao longo da provincia. A Biblioteca central, ou Biblioteca do Parlamento, está aberta ao público en xeral, mais súa función principal é axudar os membros do parlamento xaponés en pesquisas.
- Universidades: preto de 200 instituicións de ensino superior están localizadas en Toquio. Delas, as máis importantes son a Universidade de Tōkyō, a Universidade Waseda, a Universidade de Keiō, a Universidade de Hitotsubashi, a Universidade de Sophia e a Universidade de Meiji.
Transportes [editar]
O sistema de transporte público de Toquio é administrada por varias empresas diferentes. Seu sistema de metro, o máis extensivo do mundo, é administrada por 11 empresas diferentes. Unha delas é controlada pola provincia, outra polo goberno nacional e as outras 9 son empresas privadas. As rutas de autobús dentro dos 23 bairros son administradas pola provincia, e no resto da provincia son administradas por empresas privadas.
O sistema de metro de Toquio é o segundo máis movimentado do mundo (atrás apenas o de Moscova, Rusia). De fato, este sistema fica tán lotado nas horas de pico que varias estacións empregan funcionarios, especialmente designados para empurrar e compactar persoas dentro dos trens, no momento en que as portas dos trens están fechando.
Aeroportos [editar]
Toquio é servida polo Aeroporto Internacional de Toquio (ou Aeroporto Internacional de Haneda), o cuarto aeroporto con máis movimento do mundo, e que atende principalmente a voos domésticos. 63 millóns de pasaxeiros pasan polo aeroporto todo ano.
Toquio posui outros cinco aeroportos menores. Tres deles están localizados nas illas do Pacífico.
Un sétimo aeroporto, o Aeroporto Internacional de Narita, está localizado na cidade de Narita, prefectura de Chiba, e move principalmente os voos internacionais que serven Toquio. Move preto de 45 millóns de pasaxeiros por ano.
Símbolos provinciais [editar]
O Goberno Metropolitano de Toquio usa un deseño dunha folla de xinkgo en muros, onibus do sistema público de transporte e en outras facilidades que son de propriedade (ou operadas polo) do Goberno Metropolitano de Toquio.
Rexión metropolitana [editar]
| Norte: Saitama | ||
| Oeste: Kōfu | Toquio | Leste: Chiba, Narita |
| Sur: Yokohama, Kawasaki |
Personaxes de sona [editar]
- Yasujirō Ozu (en Fukagawa, actual barrio de Kōtō) - Director de cine
- Shōhei Imamura - Director de cine
- Takeshi Kitano (en barrio de Adachi) - Director de cine, actor, comediante
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||