Tony Alva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tony Alva

Tony Alva, nado o 2 de setembro de 1957 en Santa Mónica, California, é un skater estadounidense máis coñecido por ser un dos membros orixinais do equipo de skate Z-Boys. Está considerado como un dos skaters máis influentes de tódolos tempos. Xunto cos seus amigos Jay Adams e Stacy Peralta, Alva supuxo as bases da forma en que é o skate hoxe.

No filme documental Dogtown and Z-Boys nárrase a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Alva e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown. Neste último, o propio Alva participou na rodaxe facendo un cameo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]