Toniña común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Toniña")
Toniña común
Marsvin (Phocoena phocoena).jpg

Tamaño comparado cun humano medio
Tamaño comparado cun humano medio

Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Phocoenidae
Xénero: 'Phocoena'
Especie: ''P. phocoena''
Nome binomial
''Phocoena phocoena''
Linnaeus, 1758
Distribución mundial da Toniña común

Distribución mundial da Toniña común

A toniña común (Phocoena phocoena) ou touliña é unha das seis especies da orde Phocoenidae. Constitúe un dos mamíferos máis pequenos dos océanos. As toniñas adoitan vivir preto das zonas costeiras e nas beiras dos esteiros, sendo a especie da súa familia máis doada de ver. A especie, a míudo adoita subir os cursos dos ríos, tendo sido atopadas toniñas a quilómetros do mar.

Índice

Descrición [editar]

A toniña común é o membro máis pequeno da familia das toniñas (Phocoenidae). O mamífero mide uns 67-85 cm ao nacer. Ambos os dous sexos medran ata chegar a medir entre 1.4 m e 1.9 m. As femias adoitan ser máis pesadas, cun peso máximo de 76 kg comparado cos 61 kg dos machos. O seu bico é redondeado e non moi pronunciado, a diferenza doutros cetáceos. As súas aletas dorsal, caudal e as súas costas son dunha cor gris escura. Os seus laterais son escuros con pintiñas gris claro. A parte inferior é dunha tonalidade máis abrancazada que vai dende o bico ata a cola.

Poboación e distribución [editar]

Distribución nas costas galegas

As toniñas viven nas augas máis temperadas das costas do hemisferio norte, principalmente en áreas cunha temperatura media duns 15 °C. No océano Atlántico, atópase nas costas do leste dos Estados Unidos e na outra beira do océano, dende as costas da África occidental ata Grenlandia e Terra Nova pasando polas costas de España, Francia, Reino Unido, Irlanda, Noruega e Islandia. No océano Pacífico espállase dende o Mar do Xapón, Vladivostok, o estreito de Bering, Alaska ata as costas de Seattle e Vancouver. Pódense atopar tamén no mar Negro e no mar Báltico, onde as súas poboacións están diminuíndo.

Caza e predadores [editar]

As toniñas comúns aliméntanse maioritariamente de pequenos peixes, particularmente arenque, fodón,[1] e o trancho.[2] O maior mergullamento da especie rexistrado foi duns 224 m. As crías da toniña necesitan o 7% ou 8% do peso do seu corpo pra poder sobrevivir.

Os principais depredadores das toniñas son o tiburón branco e a candorca. Estudos da Universidade de Aberdeen en Escocia descubriron que os arroaces atacan e matan ás toniñas sen come-las pra diminuir a competencia polo alimento no caso de que haxa escaseza de peixe.[3]

Conservación [editar]

As toniñas foron tradicionalmente cazadas como alimento e para empregar a súa graxa como combustible en fontes lumínicas especialmente en Dinamarca. Actualmente, porén, as toniñas xa non son obxectivo comercial das baleeiras. A súa poboación mundial é de centos de miles de exemplares, atopándose parcialmente a salvo da extinción. Porén, cada ano morren miles de exemplares enredadas nas redes de enmalle da industria pesqueira. Este problema deu lugar ao descenso documentado das súas poboacións en zonas marítimas cunha intensiva actividade pesqueira, como o mar Negro e o Báltico. Para evitar a súa morte nas redes, cientificos desenvolveron unha serie de luces penduradas nos enmalles co fin de disuadir ás curiosas toniñas.

Notas [editar]

  1. Ficha sobre o Fodón en PescaGalicia.com
  2. Ficha sobre o Trancho en PescaGalicia.com
  3. Read, Andrew Porpoises 1999 Voyageur Press |Stillwater, MN, USA ISBN=0-89658-420-8

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Toniña común

Ligazóns externas [editar]