Tonelada de refrixeración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tonelada de refrixeración (TRF) é a unidade nominal empregada nalgúns países, especialmente de Norteamérica, para referirse á capacidade de extracción de carga térmica (arrefriamento) dos equipos frigoríficos e de aire acondicionado. Pode definirse como a cantidade de calor latente absorbida pola fusión dunha tonelada de xeo sólido puro en 24 horas. Nos equipos, isto equivalería a unha potencia capaz de extraer 12.000 BTUs por hora, o que no Sistema Internacional de Unidades (SI) equivale a 3.517 W (3,517 kW).

Se partimos de que para converter unha libra de xeo nunha libra de auga líquida se precisan 144 BTU's, e de que unha tonelada equivale a 2.000 libras, ao multiplicar 144 por 2.000, temos que durante o proceso absorberanse 288.000 BTUs do ambiente (Ver Transmisión de calor). A efectos de converter esta valor nunha medida nominal, considerouse un período de 24 horas, polo que ao dividir os 288.000 BTUs polas 24 horas, o resultado é: 288.000/24 = 12.000 BTU/h.

Non obstante, aínda ser unha unidade chamada a desaparecer coa adopción global do SI, actualmente séguese empregando de maneira convencional. O cambio estase dando de forma gradual, pois os fabricantes e enxeñeiros agora especifican a capacidade dos equipos tanto en BTU/h como en Watts, mentres que algúns xa só o fan en Watts.