Tomo Miličević

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomo Miličević
Tomo Milicevic - Baton Rouge.jpg
Nome completo Tomislav Miličević
Alias
Naceu 3 de setembro de 1979 (33 anos)
Orixe Sarajevo, Bosnia-Herzegovina Flag of Bosnia and Herzegovina.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) guitarra, violín, piano
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con 30 Seconds to Mars
Tempo en activo
Web

Tomislav Miličević, nado o 3 de setembro de 1979 en Sarajevo, é un guitarrista orixinario de Bosnia-Herzegovina. É guitarrista e teclista ocasional da banda 30 Seconds to Mars. É o irmán menor da modelo e actriz Ivana Miličević.

Traxectoria [editar]

Naceu nunha familia de orixe croata, pero pasou a maior parte da súa vida nos Estados Unidos, xa que os seus pais, Tonka e Damir Miličević, emigraron a Detroit, Michigan, na procura dunha vida mellor. Ademais da súa irmá Ivana, tamén ten un irmán menor chamado Filip.

Tomo comezou a tocar o violín á idade de 3 anos. O seu tío, Bill Miličević, é violinista profesional e mestre na escola de música de Michigan. Na adolescencia descubriu o rock, sendo o Nevermind de Nirvana o primeiro disco que mercou cos seus cartos, e máis tarde a súa irmá Ivana levouno a ver Nirvana en directo, o que sería o seu primeiro concerto de rock.

Coa axuda do seu pai fabricou unha guitarra, que anos máis adiante usaría para gravar o tema "A Modern Myth" do segundo álbum de 30 Seconds to Mars, A Beautiful Lie. Dende o 2000 ao 2002 tocou nunha pequena banda de Michigan chamada Morphic, e unha vez disolto o grupo enterouse grazas a Shannon Leto, a quen coñecía dende anos antes, de que 30 Seconds to Mars buscaba guitarrista trala saída de Solon Bixler. Realizou unha audición e consguíu entrar a formar parte do grupo no ano 2003.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]