Tommy Hilfiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTommy Hilfiger

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Thomas Jacob Hilfiger Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Elmira, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónElmira Free Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoModa e deseño Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndeseñador , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDee Ocleppo (pt) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndy Hilfiger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtommy.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0383966 Editar o valor em Wikidata

Thomas Jacob Hilfiger, coñecido como Tommy Hilfiger,nado o 24 de marzo de 1951 en Elmira, Nova York, é un dos deseñadores e estilistas americanos máis coñecidos e é o creador da marca de roupa e complementos Tommy Hilfiger e Tommy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Provén dunha familia católica irlandesa sendo o segundo de nove irmáns. Dende cativo tiña claro que a súa profesión ía ser deseñador de moda. Así, comezou a súa carreira en 1969 como distribuidor de roupa hippie. Posteriormente, a comezos da era disco (finais dos anos 70 e primeiros dos anos 80), traballou para a marca Jordache.

Non foi ata 1985 cando creou a súa primeira liña de roupa. Nun principio era unha marca descoñecida, e a súa primeira campaña publicitaria dicía: "Os catro mellores deseñadores de roupa de home son Ralph Lauren, Perry Ellis, Calvin Klein e Tommy Hilfiger". Dende entón Tommy Hilfiger afiánzase cada vez máis coma unha das máis grandes marcas de roupa, altamente solicitada sobre todo en Estados Unidos.

Unha das súas estratexias é a súa publicidade, chea de mozos e mozas xenuinamente americanos, de grandes mandíbulas e aspecto san. As súas últimas fichaxes están no contorno da Casa Branca xa que son os sobriños de George W. Bush, Lauren Bush e George P. Bush.

Lauren Bush

Os seus recoñecidos deseños están hoxe en día presentes en Europa, Estados Unidos, América Latina, entre outros.

Liña de roupa[editar | editar a fonte]

Beyoncé, elixida para a campaña True Star, perfume de Tommy Hilfiger-
  • Tommy Hilfiger, a liña de roupa da marca, vendida nos grandes centros comerciais e nas tendas específicas da marca.
  • Hilfiger Denim, unha liña de roupa próxima á moda vaqueira e xuvenil, nun estilo rock and roll e bohemio.
  • True Star, unha fragrancia creada por Hilfiger e da cal Beyoncé é a escollida para a súa campaña publicitaria.
  • Red Label, unha liña de produtos denim, jeans, suadoiros e camisetas.
  • H by Tommy Hilfiger, unha liña de alta gama (as camisas costan como mínimo 60 euros) vendida nas boutiques da marca.
  • Tommy Hilfiger Sport, liña de produtos deportivos dende o ano 1990.
  • Tommy Hilfiger Sailing, creada na primavera do 2007.