Tommy Hayes (rugby)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tommy Hayes, nado o 31 de maio de 1980 en Limerick, é un xogador de rugby irlandés que xoga na posición de oito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2011 xogaba nos Exeter Chiefs (equipo do cal é o seu capitán) da AVIVA Premiership, competición á que chegaron logo de vencer nun play-off a dobre partido pola promoción ao Bristol en maio do 2010,[1] conseguindo por primeira vez participar na máxima categoría do rugby inglés.[2] Chegou ao rugby inglés dende Irlanda da man do Plymouth Albion mais posteriormente foi traspasado ao equipo de Exeter.

Seguindo os pasos do seu irmán maior, o piar John (xogador do Munster e do XV do trevo), Tommy xogou no Bruff R.F.C. da localidade de Bruff (Condado de Limerick) cando era novo, gañando o título Sub-18 da All-Ireland League en 1997, cando Bruff derrotou aos Corinthians cun enseio no tempo engadido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]