Tommy Dorsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTommy Dorsey

(1947) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Francis Dorsey Jr. Editar o valor em Wikidata
19 de novembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Shenandoah, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Greenwich, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério Kensico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra , músico de jazz , trombonista (pt) Traducir , compositor , trompetista , líder de banda , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrombón e trompeta Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBell Records (pt) Traducir
Decca Records
RCA Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePatricia Dane (pt) Traducir (1943–1947) Editar o valor em Wikidata
IrmánsJimmy Dorsey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbuddymorrowproductions.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0234186 Spotify: 4WoGga7UeRcmjD4ufif4nG iTunes: 315007 Last fm: Tommy+Dorsey Musicbrainz: b1cfd018-b393-4632-babc-8a343edb4baa Songkick: 86659 Discogs: 229639 Allmusic: mn0000934072 WikiTree: Dorsey-1049 Find a Grave: 292 Editar o valor em Wikidata

Tommy Dorsey, nado o 10 de novembro de 1905 e finado o 26 de novembro de 1956, foi un músico de jazz, compositor, trombonista, trompetista e líder de banda durante a era das Big Band. Era o irmán máis novo de Jimmy Dorsey. O seu lirismo á hora de tocar o trombón converteuno nun dos sons de cabeceira da súa banda e da era do Swing.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas Francis Dorsey, Jr. naceu en Shenandoah, Pensilvania, con só 16 anos comezou a tocar en Allentown, Pensilvania na banda de Russ Morgan "The Scranton Sirens". Tommy e o seu irmán Jimmy traballaron en diversas bandas, incluídas as de Rudy Vallee, Vincent Lopez, e especialmente na de Paul Whiteman, antes de formar a súa propia, a Dorsey Brothers Orchestra en 1934. Glenn Miller foi un dos membros da Dorsey Brothers Orchestra en 1934 e 1935, compoñendo para ela "Annie's Cousin Fanny" e "Dese Dem Dose". En 1935 logo dunha disputa musical os dous irmáns deciden separarse, era o momento no que a banda estaba tendo un grande éxito con "Every Little Moment."

Banda de seu[editar | editar a fonte]

A primeira banda de Tommy Dorsey formouna con doce músicos da banda de Joe Haymes, asinou contrato con. The new band hit from almost the moment it signed with RCA Victor e de seguida tivo o seu primeiro éxito "On Treasure Island". A orquestra de Tommy meteu 137 temas na lista Billboard, entre eles "I'm Getting Sentimental Over You", "Marie", "The Big Apple", "Music, Maestro, Please", "I'll Never Smile Again", "This Love of Mine", "On the Sunny Side of the Street", "T.D.'s Boogie Woogie", "Well, Git 'It", "Opus One", "Manhattan Serenade", e "There Are Such Things"..

A banda contou con grandes instrumentistas de jazz, como os trompetistas Bunny Berigan, Ziggy Elman, George Seaberg, Doc Severinsen e Charlie Shavers, os pianistas Milt Raskin, Jess Stacy, o trompetista e compositor Sy Oliver, os clarinetistas Buddy DeFranco, Johnny Mince e Peanuts Hucko, os baterías Buddy Rich, Louie Bellson, Gene Krupa e Dave Tough e vocalistas como Jack Leonard, Edythe Wright, Jo Stafford, Dick Haymes, Connie Haines e Frank Sinatra, quen conseguiu o seu primeiro grande éxito coa orquestra de Dorsey.

A orquestra de Dorsey desfíxose despois en 1946 por problemas económicos pero o éxito dun álbum de éxitos (All-Time Hits) fixo posible que Dorsey a reorganizase a comezos de 1947.

En 1947 realizouse un filme sobre os irmáns Dorsey, The Fabulous Dorseys dirixido por Alfred E. Green. Os irmáns finalmente reconciliáronse e en 1953 ó se desfacer a banda de Jimmy este entrou na de Tommy, Dorsey Brothers Orchestra. Contaron co seu propio programa de televisión, Stage Show, entre 1954 e 1956, no cal se deu a coñecer Elvis Presley.

Compositor[editar | editar a fonte]

Tommy Dorsey compuxo moitas das cancións populares da era do Swing, "Chris and His Gang" en 1938 coescritas con Fletcher e Horace Henderson. "To You" e "This is No Dream", coescritas con Benny Davis e Ted Shapiro en 1939; "You Taught Me To Love Again" en 1939, con música de Tommy Dorsey e Henri Woode e letra de Charles Carpenter, gravado por Gene Krupa e Sarah Vaughan; "In the Middle of a Dream" en 1939 con Al Stillman e Einar Aaron Swan, gravado por Glenn Miller e Red Norvo; "Three Moods"; "Night in Sudan" (1939); "The Morning After" en 1937 con Moe Jaffe e Clay Boland, tamén gravado por Red Norvo; "Peckin' with the Penguins", coescrito con Deane Kincaide para a curtametraxe de 1938 Porky's Spring Planting; "You Can't Cheat a Cheater" con Frank Signorelli e Phil Napoleon. "Nip and Tuck" con Fred Norman en 1946.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1939, Vol No. 3
  • Homefront: 1941–1945
  • The Early Jazz Sides: 1931–1937
  • All-Time Greats Dorsey/Sinatra Hits, Vol 1–4
  • The V-Disc Recordings
  • It's D'Lovely 1947–1950
  • The Complete Tommy Dorsey, Vol. 2 (1936)
  • Stardust
  • Greatest Hits
  • Sentimental
  • Opus One
  • 1937–1938
  • The Fabulous Dorsey
  • Greatest Hits (RCA)
  • Tommy Dorsey, Vol. 1
  • 1938, Vol. 2
  • At the Fat Man's
  • All-Time Greatest Dorsey/Sinatra Hits, Vol. 3
  • All-Time Greatest Dorsey/Sinatra Hits, Vol. 2
  • The Complete Standard Transcriptions
  • Having a Wonderful Time
  • The Complete Tommy Dorsey, Vol 1 (1935)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Tommy Dorsey (e membros da súa orquestra) apareceu nos seguintes filmes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]