Toma de Guam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A toma da Illa de Guam o 20 de xuño de 1898 foi o acto bélico menos sanguento entre os Estados Unidos e España durante a Guerra Hispano-Estadounidense.

Cruceiro USS Charleston

Tras o estalido da guerra entre España e os Estados Unidos, o cruceiro USS Charleston, entrou precipitadamente en servizo o 5 de maio de 1898 quedando baixo o mando do capitán de navío, Henry Glass. Dezaseis días máis tarde, atopábase na base de Honolulu e recibiu a orde de acompañar un convoi de 3 buques de transporte : o City of PEQUÍN, o City of SIDNEY e o AUSTRALIA, con tropas de 2.500 homes, destinadas para desembarcar en Filipinas.

Na súa viaxe a través do Pacífico, a pequena escuadrilla fixo escala en Hawaii, onde ao pouco tempo recibiu a orde de dirixirse co convoi para capturar, ocupar e izar a bandeira norteamericana sobre a illa de Guam, entón posesión española.

Ao amencer do 20 de xuño, o convoi chegou polo extremo norte de Guam, lanzando sen previo aviso algúns canonazos dirixidos cara ao Forte de Santa Cruz, estes foron interpretadas polo posto de mando na illa como unhas salvas de honra militar pois non causaron ningún dano. Logo o buque fixo unha inspección no porto de Agaña e procedeu no porto de Apra a desembarcar un pequeno continxente de tropas, para quedar logo ancorado na baía en condicións de completa seguridade.

De inmediato, un barco coas autoridades españolas saíron a desculparse por non ter a pólvora suficiente para responder ao suposto saúdo. Abordo do cruceiro USS Charleston as autoridades españolas quedaron moi sorprendidas ao decatarse de que un estado de guerra existía entre os dous países, e que os buques dos Estados Unidos chegaranse alí para tomar a illa.

A invasión non custo ningún esforzo aos ianquis posto que España aínda que non informara do estado de guerra, os medios de defensa para facer fronte a tal desembarco militar, eran humana e materialmente case nulos como seria a resposta ao capitán Henry Glass do Gobernador español:

Sen defensas de ningunha clase, nin elementos que opor con probabilidade de éxito aos que vostede trae, véxome na triste decisión de renderme, ben que protestando polo acto de forza que comigo se verifica e a forma en que se fixo, pois non teño noticia do meu Goberno de haberse declarado a guerra entre as nosas dúas nacións.

Ao día seguinte a illa foi oficialmente entregada polo gobernador español que estaba ao mando dunha gornición de 54 homes, os cales de inmediato foron feitos prisioneiros e enviados nun dos transportes.

A US Navy tomou a illa sen causar unha soa vítima e podemos dicir que se a situación española naqueles días non fose tan tráxica, este feito histórico ben podería considerarse como unha anécdota.

O 30 de xuño de 1898 o Charleston chegou á baía de Manila, para unirse á frota USA baixo o mando do almirante George Dewey case aos 2 meses logo da batalla da baía de Manila.

En 1898, polo Tratado de París, Guam pasou de España aos Estados Unidos, xunto coas Filipinas, e continuou servindo de escala ata que foi invadida polos xaponeses en 1941, para logo ser retomada en 1944 e reconvertida en base militar.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.