Tom Sanders
| Tom Sanders | |
|---|---|
| Posición | Aleiro |
| Dorsal | 16 |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Nacemento | 8 de novembro de 1938 (74 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1960–1973 |
| NBA Draft | 1960 / Rolda: 1 / Elección: 8
Escollido por Boston Celtics |
| Universidade | New York University |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 8 766 |
| Rebotes | 5 798 |
| Asistencias | 1 026 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame | |
| Adestrador | |
Thomas Ernest "Satch" Sanders, nado o 8 de novembro de 1938 en New York City, Nova York, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto. Dende o ano 2011 é membro do Basketball Hall of Fame.
Índice |
Traxectoria [editar]
Procedente dos New York University Violets, pasou trece tempadas defendendo as cores de Boston Celtics da NBA, formando parte dos equipos campións de 1961 a 1966, 1968 e 1969. Na historia da NBA, só os seus compañeiros de equipo Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis que el ao longo da súa carreira. En 1973 deu por finalizada a súa carreira e en 1978 comezou o seu periplo como adestrador. Traballou en Harvard, e máis tarde na NBA, até a súa retirada en 2006. Actualmente reside coa súa segunda esposa Virginia Sanders no oeste de Massachusetts.