Tom Neale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Anchorage

Tom Neale, nado o 6 de novembro de 1902 en Wellington e finado o 27 de novembro de 1977 en Rarotonga, foi un neozelandés que pasou parte da súa vida nas Illas Cook, incluíndo 16 anos, durante tres estadías, vivindo só na illa de Anchorange no atol de Suwarrow e que foi a base dunha popular autobiografía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neale ingresou na Royal New Zealand Navy aos dezaoito anos como aprendiz de maquinista navegando polas illas do Pacífico e despois de deixar o exército seguiu de illa en illa, realizando traballos temporais ou en barcos comerciais. Entre 1928 e 1943 asentou en Moorea, Tahití, a partir de 1943 traballou como comerciante nas Illas Cook, coñeceu ao escritor Robert Dean Frisbie en Rarotonga, e soubo polos seus relatos do atol de Suwarrow, onde Frisbie vivira durante un curto período de tempo en 1942, en 1945 Neale visitou o atol e decidiu que ese era o lugar onde quería vivir. En outubro de 1952 desembarcou en Suwarrow, que permanecía deshabitada desde o remate da Segunda Guerra Mundial.[1], estableceuse na illa de Anchorage, acondicionou unha cabana na que habitaran vixías militares durante a guerra, permaneceu alí ata xullo de 1954 cando regresou a Rarotonga por problemas no lombo. En 1956 casou con Sarah Haua coa que tivo dous fillos. En marzo de 1960 volveu a Suwarrow, permanecendo alí durante tres anos e medio ata xaneiro de 1964, entre as visitas que recibiu nese tempo estivo a do escritor británico Noel Barber, que soubera da vida de Neale na illa por un informe da United States Navy, e máis tarde cando Neale volveu a Rarotonga axudoulle a escribir a súa autobiografía An Island to Oneself, que se publicou en 1966 e que se vendeu ben e que lle permitiu a Neale mercar abondosas provisións para a súa seguinte estadía.[2], que se produciu en xuño de 1967 permanecendo alí ata 1977, cando tivo que ser levado a Rarotonga para tratarlle un cancro de estómago, morrendo meses despois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Helm e Percival (1973): Sisters In The Sun: The Story of Suwarrow and Palmerston Atolls, p 92
  2. Helm and Percival, p 99