Tom Clancy's Ghost Recon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tom Clancy's Ghost Recon, coñecido tamén simplemente como Ghost Recon, é un videoxogo de acción táctica desenvolto por Red Storm Entertainment e Ubisoft, creado polo escritor estadounidense Tom Clancy. O xogador dá vida aos soldados dun escuadrón de elite estadounidense.

A primeira parte de Ghost Recon, foi un éxito polo que tivo dúas expansións para PC e moitas mods creadas polos usuarios. Porén, Ghost Recon 2 só saíu á venda para PS2 e XBOX. Posteriormente lanzouse á venda a terceira entrega.

Ghost Recon[editar | editar a fonte]

A primeira parte ten lugar no 2008, a historia comeza con Rusia anexionando ós países da antiga Unión Soviética empezando por Xeorxia.

Ghost Recon: Desert Siege[editar | editar a fonte]

A primeira expansión de Ghost Recon para PC. No 2009 Etiopía invade Eritrea e cómpre axudar ás tropas eritreas.

Ghost Recon: Island Thunder[editar | editar a fonte]

Na segunda expansión para PC a misión é salvagardar as primeiras eleccións democráticas en Cuba no año 2010. Fidel Castro morre no 2006 e desde entón varios tiranos puxéronse ao cargo do goberno de Cuba, agora que hai eleccións un partido político dedicase a ameazar e asasinar ós que non os voten.

Ghost Recon: Jungle Storm[editar | editar a fonte]

Tercera expansión, dispoñible só en PS2 e N-Gage.

Ghost Recon 2[editar | editar a fonte]

Segunda entrega do xogo, cancelada na versión para PC alegando que non sería suficientemente bo. Á vez que esta cancelación confirmouse Ghost Recon 3. Ten lugar en 2012, en Corea do Norte.

Ghost Recon 3: Advanced Warfighter[editar | editar a fonte]

Canadá, os EUA e México asinan unha alianza para defendérense mutuamente se algún destes países son atacados. O presidente estadounidense é secuestrado en México por terroristas que sementan a anarquía por todos os sitios, entón o presidente mexicano autoriza ós Ghost a que entren en México para que devolvan todo á normalidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]