Tom Barman
| Tom Barman | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 1 de xaneiro de 1972 (41 anos) |
| Orixe | Antuerpen, Bélxica |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | músico, compositor, director de cine |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | dEUS |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Tom Barman (nado o 1 de xaneiro de 1972 en Antuerpen, Bélxica) é guitarrista e vocalista da banda belga dEUS. É tamén director de cine e dirixe os videoclips da banda.
Biografía [editar]
Barman estudou na escola de cine de St.-Lucas (Bruxelas) pero nunca rematou os estudos debido á súa outra paixón, a música, e preferiu comezar unha carreira musical coa súa banda dEUS, formada a principios dos anos 90. Sen embargo non abandonou de todo a súa experiencia co cine xa que dirixiu os videos musicais da banda e realizou unha curtamentraxe en 1996, titulada Turnpike. Tamén dirixiu videos para outros músicos belgas como Axelle Red e Hooverphonic.
No verán do 2001 comezou a rodar en Antuerpen a súa primeira longametraxe, Any Way the Wind Blows, estreada nas salas belgas no verán do 2003. En febreiro do 2004 editou The Body Gave You Everything, o álbum de estrea de Magnus, o seu proxecto orientado ao dance co produtor CJ Bolland.
|
|||||||||||||||||