Tomás Legido Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomás Legido Sánchez
Nacemento8 de marzo de 1972
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Tomás Legido Sánchez, nado na Coruña o 8 de marzo de 1972, é locutor e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Empresariais na Universidade da Coruña, na que se incorporou ao Club de Prensa[1] en 1994, dende onde colaborou en Rollos de Universidad en Radio Coruña - Cadena SER. En xaneiro de 1995 comeza a realizar unha sección no programa A pé de campus[1], no que o 15 de marzo coñeceu a Mariano Fernández; a sección chamábase Falta paixón, e era un repaso aos concertos e actividades culturais dos días seguintes.

Vendo que no Campus de Ferrol existía unha emisora universitaria[2] (Radio Kaos), pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, así que o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como Asociación Xuvenil. Este colectivo crearía en 1996 a emisora comunitaria Cuac FM. De todos os fundadores, unicamente[3] Tomás Legido[1] e Mariano Fernández,[2] seguen formando parte activa de Cuac FM.

Participou en diversos programas[1] de Cuac FM, como Faita paixón, O lado escuro do corazón (con Mariano Fernández), Tolos polo tomate, Empanada Mental, Bugalú (con Mariano Fernández) e dende 2003, é condutor e locutor en Alegría,[4] (con Mariano Fernández e Bea Ulalume) un magazine que informa de temas culturais, sociais e políticos, principalmente referentes á actualidade coruñesa ou galega.

Dende 2003 a 2009, realizou xunto con Mariano Fernández o programa Claves de Carral, na emisora municipal de Carral, Carral Radio. Ademais, en 2008 colabora no programa de Mayte González de Radio Coruña - Cadena SER, Por fin es sábado.

En 1999, xunto con Mariano Fernández e Antón Lezcano, fundaron[1] a empresa de xestión cultural 10D10.[5]

Participou en diversos encontros de medios comunitarios, participando na creación en 2006 na creación da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias[6] (que aínda non ten personalidade xurídica), e en 2009, da Rede de Medios Comunitarios,[7] na que Mariano Fernández sería Secretario e Coordinador de Lexislación, e da que Cuac FM se convertería na súa sede social.[7]

Notas[editar | editar a fonte]