Tolosa - Toulouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°36′16″N 1°26′38″E / 43.60444°N 1.44389°E / 43.60444; 1.44389

S. Sernin de Tolosa

En occitano Tolosa (pronunciado /tu'luːzɔ/); en francés Toulouse (pronunciado /tuˈluz/), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha comuna francesa capital do departamento de Alta Garona, da rexión do Mediodía-Pireneos, capital histórica do Languedoc, e considerada por unha corrente como a capital da Occitania.

Ten unha superfície de 118,3 km2 e unha poboación en 2010 de 441.802 habitantes (chamados tolosanos), que a converten na cuarta máis poboada de Francia logo de París, Marsella e Lyon. A aglomeración ou unidade urbana (formada por 73 comunas), con 871.961 habitantes en 2010, é a sexta máis poboada de Francia, por detrás das tres anteriores, Lille e Niza, e por diante de Bordeos. Finalmente, a área metropolitana tiña 1.218.166 habitantes ese mesmo ano de 2010, sendo a terceira máis populosa de Francia logo das mesmas tres que a preceden como comuna. Dentro da Unión Europea é a 41º aglomeración urbana.

Atravesada polo Garona, a medio camiño entre o Océano Atlántico e o Mar Mediterráneo, é chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que aquí radican os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.

Educación [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: