Tokio Hotel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Tokio Hotel | |
|---|---|
{{{caption}}} |
|
| Información | |
| Data de nacemento | {{{datadenacemento}}} |
| Data de pasamento | {{{datadepasamento}}} |
| Orixe | , |
| Período de actividade | |
| Xénero(s) | |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | |
| Grupos | {{{grupos}}} |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Tokio Hotel é un grupo de pop-rock, fundado en Magdeburgo en 2001. Son un cuarteto de rapaces, dous deles orixinarios de Magdeburgo. O grupo está formado polos xemelos Bill e Tom Kaulitz, Georg Listing et Gustav Schäfer. Criáronse en Leipzig, aínda que máis tarde mudáronse a Magdeburgo. A banda goza dunha crecente fama entre o público xuvenil alemán.
[editar] Historia
Bill e Tom Kaulitz (nacidos o 1 de Setembro de 1989), entraron na música da man do seu padrastro, que é un músico activo en Magdeburgo. Tras un concerto na súa cidade en 2001, coñeceron a Gustav Schäfer (nacido o 8 de Setembro de 1988) e a Georg Listing o (31 de Marzo de 1987), cos que fundaron o seu primeiro grupo musical, chamado Devilish. Despois de que Bill Kaulitz formara parte do programa Kinder-Star-Search ("En Busca de nenos estrela"), o grupo foi descuberto en 2003 polo productor Peter Hoffmann, e Sony BMG contratou finalmente a Tokio Hotel. Hoffmann, xunto con David Jost e Pat Benzner entraron na produción das súas cancións. Sen embargo, pouco antes do lanzamento do seu primeiro disco, Sony anulou o contrato. En 2005, foi Universal Music Group quen contratou a Tokio Hotel, así traballaron para lanzar ó grupo ó éxito...
O video do seu single debut, Durch den Monsun, saíu en televisión en xullo de 2005 (Alemaña), e dende entón o grupo fíxose cun gran número de fans. O Single saleu o 15 de Agosto do 2005 e chegou rápidamente o número 1 nas listas de ventas de Alemaña e Austria. O disco debut que contiña este single, chamado "Schrei", mantívose no máis alto da lista de ventas incluso meses despois do seu lanzamento. En 2006, volveron a gravar alguhnas das súas cancións, polo cambio de voz que sufriu o cantante en esa época, a causa da súa idade (tiña 16 anos). Ademais, o seu cambio de look tamén foi unha incitación para volver a sacar ese disco, con novo deseño, fotos e cancións regrabadas coa súa nova voz, chamado "Schrei: so laut du kannst." O 23 de febreiro de 2007 saleu o segundo álbum do grupo, "Zimmer 483", presentado xa o 26 de xaneiro co seu primer single: Übers Ende der Welt (Sobre o fin do mundo). A venda nas súas dúas edicións, normal e de luxo, chegou a número 1 en Europa. E despois, sacaron o seu disco en inglés "[[Room 483]" cos seus maiores éxitos en inglés.
[editar] Éxito no estranxeiro
En Francia, saíu o seu primeiro álbum en outono do 2006, na súa segunda versión, e alcanzaron o posto 19 nas listas da súa primeira semana. En este país aínda seguen tendo grandes éxitos. Os seus discos chegan as primeiras posicións das listas de ventas e en 2007 concedéronlles o disco de ouro polo seu primeiro disco.
En 2006 deron concertos noutros países nos que eran xa un éxito sabido, como Francia ou Polonia, e incluso deron un concerto en Moscú ante miles de espectadores, algo inesperado. Na súa xira de 2007, darán concertos en outros 7 países aparte de Alemaña, como: Francia, Polonia, República Checa ou Hungría entre otros. En España actuaron no 2007, a pesar de ter vendido o seu disco e ter numerosos fans, participando no MTV day o 14 de Xuño.
En xuño de 2007 publicouse un disco en inglés, titulado Scream, que vai dirixido especialmente aos países de fala inglesa para facerse un oco no seu mercado. Sen embargo, ese disco venderase e será promocionado en Europa, o cal por alguna extraña razón, en Alemaña o disco leva por nome "Room 483”.
Na súa corta traxectoria, Tokio hotel gañou numerosos premios, tanto no seu país como fora de él, así como recoñecemento polos seus discos vendidos. 2005
- 06.10.2005 - Premios anuais de Comet Awards ó "Mellor grupo revelación" e "Súper lanzamento"
- 24.11.2005 - Premio "Eins Live Krone" o "Mellor grupo revelación"
- 01.12.2005 - Premio "Bambi" o "Mellor grupo nacional"
2006
- 12.03.2006 - Premio en Echo Awards o "Mellor grupo revelación"
- 25.03.2006 - Premio en Steiger-Award o "Mellor grupo revelación"
- 31.03.2006 - Premio en Radio Regenbogen o "Mellor grupo Pop Nacional"
- 22.04.2006 - "Pingüino de oro o mellor single" e"Pingüino de oro o mellor grupo pop/rock de 2005" pola revista austriaca Xpress
- 06.05.2006 - Premio en Bravo Supershow Alemaña "Otto de oro o mellor grupo de rock"
- 22.05.2006 - Premio en Bild Osgar categoría "Música"
- 24.06.2006 - Premio en Bravo Supershow Hungría "Mellor grupo novel"e "mellor grupo extranxeiro"
- 16.09.2006 - Premio "Die Goldene Stimmgabel" o "Grupo de pop de mallor éxito"
- 15.11.2006 - Premio "World Music Awards" o "Grupo alemán mais vendido"
- 07.12.2006 - Premio "Eins Live Krone"o "Mellor directo"