Todos estamos invitados
| Todos estamos invitados | |
|---|---|
| Título orixinal | Todos estamos invitados |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Manuel Gutiérrez Aragón |
| Produtor | |
| Guión | Ángeles González-Sinde Manuel Gutiérrez Aragón |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Óscar Jaenada José Coronado Vanessa Incontrada Iñaki Miramón Adolfo Fernández Txema Blasco Iñaki Font |
| Música | Ángel Illarramendi |
| Fotografía | Gonzalo F. Berridi |
| Montaxe | José Salcedo |
| Estudio | |
| Distribuidor | |
| Ano | 2008 |
| Duración | 95 minutos |
| País | España |
| Xénero | Drama, Terrorismo |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Todos estamos invitados é un filme español dirixido por Manuel Gutiérrez Aragón que foi estreado no 2008. Trata sobre a situación política de Euskadi durante os anos 90.
Argumento [editar]
Tras tentar saltar un control da Garda Civil por incendiar un camión, Josu Jon (Óscar Jaenada) recibe un forte golpe na cabeza, perdendo a memoria. Entón é ingresado nun hospital penitenciario agardando á decisión do xuíz. Josu Jon non sabe ben quen é, e as monxas do hospital ensínanlle a rezar e a ser un bo cristián, mentres que os seus vellos compañeiros lle axudan a lembrar que el é un etarra, e que axiña poderá reincorporarse á organización.
Paralelamente, un profesor de universidade, Xabier (José Coronado), é ameazado polas súas opinións acerca da banda e dos seus atentados. Xabier mantén unha relación cunha alumna italiana, Francesca (Vanessa Incontrada), que á súa vez traballa como psicóloga no centro psiquiátrico onde se atopa Josu Jon.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)