Toñi Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonia Vicente Rodríguez, chamada Toñi Vicente, nada en Tomiño o 12 de xaneiro de 1953, é unha restauradora e hosteleira galega.

Índice

Traxectoria [editar]

Os seus pais tiñan un restaurante en Tomiño, onde comezou traballando na cociña. Despois dunha bolsa para estudar en Francia co cociñeiro Michel Guérard, abriu en 1982 en Vigo o restaurante Síbaris, que lle deu ampla sona, e que colleitou a primeira estrela Michelin da historia de Galicia para unha cociñeira en 1989. En 1990 dirixiu e presentou o programa gastronómico da TVG Artesa.

En 1992 abriu en Santiago de Compostela o restaurante Toñi Vicente, que recibe a estrela Michelín en 1993, galardón que mantivo ata o ano 2008. En 1997 recibe o Premio Nacional de Gastronomía.

En agosto de 2008 foi detida para prestar declaración[1] en relación cunha rede de distribución de vieira ilegal. En 2008, uns meses despois deste suceso, perde a estrela Michelin, pero mantén un sol na guía Repsol[2], ata que a comezos de 2009 anuncia o peche da actividade do seu restaurante[3].

Galardóns [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]