Tlos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tlos

Tlos foi unha cidade de Licia mencionada por Artemidoro, que di que foi unha das seis cidades que formaron a confederación Licia. Estrabón di que estaba situada na vía que ía a Cibirra. Os licios denominábana Talawa ou Tlawa.

Unhas ruínas do val do Xanthos, na beira oriental, a uns 40 km ao sueste de Fethiye e 65 km ao norte de Kalkan, foron identificadas como as da cidade e parecen ser construcións romanas, que substituíron a edificacións anteriores. Entre os restos é salientábel o teatro, e edificios con grandes columnas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]