Titus Brandsma
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Titus Brandsma, nado 23 de febreiro de 1881 en Bolsward (Holanda) e finado en Dachau (Alemaña) o 26 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico que loitou contra o nazismo.
Traxectoria [editar]
Ordenouse sacerdote en 1905 e ingresou na Orde do Carmelo o 17 de setembro de 1898. Licenciado en Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de filosofía e historia na Universidade católica de Nijmegen, da que foi reitor e xornalista.
Trala ocupación de Holanda polas tropas alemás durante a Segunda Guerra Mundial, denunciou publicamente ao nacionalsocialismo como unha ideoloxía pagá, pronunciouse a prol da liberdade de prensa e condenou a persecución dos xudeus. Axudou a moitos xudeus a fuxir do país. O bispado holandés encargoulle eliminar a propaganda nazi da prensa católica.
O 19 de xaneiro de 1942 foi detido pola Gestapo e levado ao campo de concentración de Dachau onde foi cruelmente torturado e finalmente asasinado o 26 de xullo do mesmo ano mediante unha inxección letal.
Foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de novembro de 1985