Tite Curet Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catalino "Tite" Curet Alonso, nado en Guayama o 26 de febreiro de 1926 e finado en Maryland o 5 de agosto de 2003, foi un recoñecido compositor portorriqueño de máis de 2.000 cancións de música salsa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Alonso era un profesor de castelán e músico na banda de Simon Madera. Tiña o rapaz dous anos en 1928 cando seus pais se divorciaron. Xunto coaa nai, a irmá e mais a avoa trasladouse ao barrio hispano obreiro en Santurce, dentro dun sector pobre de Santurce que fai parte de San Xoán. Alí comezou a súa andaina musical. En 1941 cando tiña 15 anos, escribiu a súa primeira canción. Cando mozo, os seus amigos eran Rafael Cortijo, Ismael Rivera e Daniel Santos, entre outros.

Ingresou máis tarde na Universidade de Porto Rico, onde estudou xornalismo e socioloxía. Traballou para o Servizo Postal dos Estados Unidos durante máis de vinte anos namentres compuña cancións. En 1960 trasladouse a Nova York e traballou para o xornal "A Prensa" como xornalista dos deportes. Escribiu cancións sobre temas sociais e románticos que falaban dos negros pobres e das dificultades ás que se enfrontan. Tamén centrou moitas das súas cancións no que o chamou a beleza dos negros caribeños.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]