Tirana - Tiranë
Coordenadas: 41°20′N 19°49′E / 41.33°N 19.82°E
| Tirana - Tiranë | |
|---|---|
| Tirana pola noite. | |
| Situación xeográfica | |
![]() |
|
| Estado: | |
| Condado: | Tirana |
| Distrito: | Tirana |
| Xeografía | |
| Altitude: | 110 msnm |
| Superficie: | 41,8 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 616.396 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 14.746´3 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 1001–1028 |
| Alcalde: | Lulzim Basha (PD) |
| Sitio na web: | http://www.tirana.gov.al |
Tirana (en albanés Tiranë ou Tirana) é a capital e a maior cidade de Albania. Está situada a a 41.33°N, 19.82°E, no distrito e na prefectura ou condado do mesmo nome. A súa poboación está estimada oficialmente en 853.400 habitantes (2003), aínda que se temos en conta a provincia a cifra ronda o millón de habitantes. Fundada en 1614, convértese en capital albanesa en 1920. situada á beira do río Ishem, Tirana é o principal centro político, industrial e cultural de Albania. As industrias principais son as do sector da construción, alimentar, electromecánico, téxtil, farmacéutico e metalúrxico. Tirana experimentou un rápido crecemento co nacemento de numerosas industrias a partir dos anos 20.
Tirana está actualmente intentando desenvolver unha industria turística, aínda que este esforzo está obstaculizado pola inestabilidade da rexión, causada polos conflitos militares dos anos 90 en Albania e nos veciños Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Macedonia.
