Tintin au pays des Soviets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tintín no país dos soviets»)

Tintín no país dos Soviets
Título orixinalTintin au pays des Soviets
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriado: 10 de xaneiro de 1929-8 de maio de 1930
FormatoSeriado: Le Petit Vingtième, posteriormente compilado en álbum
ISBNISBN
Seguido porTintín no Congo
editar datos en Wikidata ]

Tintin au pays des Soviets (traducible como Tintín no país dos soviets) é o primeiro dos álbums de as aventuras de Tintín escritos e ilustrados polo artista belga Hergé. É o única das aventuras que noi foi traducida ao galego por Valentín Arias e publicada pola Editorial Juventud.

O contido deste álbum publicouse orixinalmente entre o 10 de xaneiro de 1929 e o 8 de maio de 1930 en Le Petit Vingtième, o suplemento xuvenil do diario católico belga Le Vingtième Siècle, a un ritmo dunhas dúas páxinas por semana. Posteriormente publicáronse 10.000 exemplares (os primeiros 500 numerados) en 1930. Algúns dos orixinais numerados vendéronse a prezos tan elevados como 24.500 €. En 1969 publicouse outra serie de 500 exemplares numerados reservados ás amizades do autor. O primeiro volume dos Arquivos Hergé publicouse en 1973 contendo a obra Tintin au Pays des Soviets cunha páxina adicional con respecto ao orixinal. O álbum reeditouse en 1981 en facsímiles idénticos ao orixinal e en 1999 nunha edición similar ao resto dos álbums publicados con motivo do 70 aniversario de Tintín.

É a única de todas as bandas deseñadas de Tintín non adaptado posteriormente en cor (exceptuando Tintín e a Arte-Alfa dado que non chegou a ser terminado).

Temática[editar | editar a fonte]

Esta obra constitúe unha sátira política que expresa o desgusto e desconfianza que lle inspiraba a Unión Soviética ao autor mostrando un réxime autoritario e mentireiro. O álbum contén numerosas bromas que Hergé introduciu contradicindo as afirmacións da URSS de posuír unha economía en espectacular desenvolvemento.

Norbert Wallez, director do Vingtième Siècle, suxeriu a idea de inventar este personaxe para mostrar a mocidade belga a situación na Unión Soviética. Wallez, de ideoloxía dereitista, confiou este proxecto a Hergé, redactor en xefe do Petit Vingtième. Deste xeito naceu o personaxe de Tintín.

Hergé, que non estivera xamais na Unión Soviética, inspirouse aparentemente no libro Moscou sans voiles (Moscova sen persianas) escrito por Joseph Douillet, un antigo diplomático. Hergé copiou pasaxes enteiras para recrear escenas como a dos comunistas obrigando á xente a votarlles a punta de pistola.

Trátase dunha obra inzada de tópicos, e as críticas que nela se fan do sistema soviético son en moitas ocasións inxenuas. De feito, este álbum foi moi criticado polo seu espírito panfletario de marcado carácter anticomunista e antisoviético, composto por unha sucesión rápida de gags e un fío argumental moi débil. Esta obra carece da calidade que se atopará nos álbums posteriores de Tintín e Milú.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Tintín, un reporteiro belga, e o seu can Milú son enviados a Moscova polo xornal para o que traballa, Le petit Vingtième. Durante o traxecto, unha bomba colocada por un axente ruso do servizo secreto estoupa no tren no que viaxa. Tintín é acusado do incidente e enviado a prisión pero consegue fuxir grazas á súa astucia e un disfrace. Logo de vivir diversas peripecias, consegue chegar a Moscova.

En Moscova descobre que os Soviets obrigan á xente a votar apuntándolles con armas; que as fábricas máis produtivas son en realidade edificios baleiros empregados para enganar aos visitantes; como os Soviets soamente dan para comer aos mozos se aceptan chamarse comunistas; que toda a rexión de Moscova se enfronta a unha fame negra debido á falta de alimentos e ao envío destes cara ao exterior para a súa utilización propagandística por parte do réxime...

Os soviets planean roubar alimentos nas veciñas granxas pero Tintín consegue avisar aos granxeiros do avance das tropas, aínda que é capturado. De novo consegue fuxir e na súa marcha polas desertas chairas xeadas Tintín atopa o agocho secreto de riquezas de Stalin, Lenin e Trotski que estes roubaran ao pobo ruso (incluíndo un amplo depósito de trigo). Tintín regresa con este segredo no seu poder, chega ata Berlín onde volve atoparse con axentes soviéticos e escapa para chegar ata Bruxelas onde unha multitude enfervorecida espérao aclamándoo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]