Tino Rossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tino Rossi

Constantin Rossi, coñecido como Tino Rossi, nado en Ajaccio o 29 de abril de 1907 e finado o 26 de setembro de 1983, foi un cantante e actor de orixe corsa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Laurent, era xastre. De mozo, Tino tocaba a guitarra e cantaba en Ajaccio antes de se trasladar a Marsella, onde traballou nun restaurante, ao tempo que traballaba nos cabarés da Costa Azul. Na década de 1930, mudou o seu domicilio a París, e en poucos anos conseguiu gravar, chegando a rexistrar máis de 1.000 cancións e vender en todo o mundo máis de 300 millóns de discos, amais de ter participado en diversos programas de televisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]