Tina Karol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tina karol
Tina karol.jpg
Tina Karol no Festival de Eurovisión 2006.

Tina Karol (en ucraíno: Тіна Кароль), nada en Orotukan, Óblast de Magadán, Rusia, o 25 de xaneiro de 1985, é unha cantante ucraína que representou ao seu país no Festival da Canción de Eurovisión 2006 coa canción "Show me your love" (galego: Amósame o teu amor).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome orixinal é Tetiana Liberman (Тетяна Григорівна Ліберман), nacida de pai xudeu ucraíno e nai ucraína no Distrito Federal do lonxano Oriente ruso.

Cando tiña seis anos de idade mudouse a Ivano-Frankivsk, no oriente de Ucraína. Graduouse nunha escola de música e logo estudou no Instituto Musical Grier de Kiev.

Participou en varias competencias musicais xuvenís, rexionais, internacionais e xudías, así como tamén en musicais e espectáculos teatrais. Ocupou o segundo lugar no festival "New Wave" de Letonia. Karol converteuse en solista do conxunto das Forzas Armadas de Ucraína e logo nun personaxe artístico da televisión.

No 2006, Karol gañou a preselección ucraína do Festival da Canción de Eurovisión 2006 coa canción en inglés: "I Am Your Queen" (galego: Eu son a túa raíña) e representou a Ucraína no Festival, no cal obtivo un sétimo lugar interpretando unha nova versión da canción: "Show Me Your Love" (galego: Amósame o teu amor).

O día 15 de xuño de 2008 casou co produtor Eugene Ogir, froito do que naceu seu fillo Veniamín o 18 de novembro de 2008.

O 16 de xaneiro de 2009 foi nomeada polo presidente Víktor Yúshchenko Artista de Honor de Ucraína.

Segundo a revista "Focus", Tina é unha das 100 mulleres máis influentes de Ucraína, posicionándose no número 92 na lista feita polos expertos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Show Me Your Love (Amósame o teu amor) (2005)[editar | editar a fonte]

  1. "Money Doesn't Matter"
  2. "Russian Boy"
  3. "Life Is Not Enough"
  4. "Honey"
  5. "Love of My Live"
  6. "Show Me Your Love"
  7. "Silent Night"
  8. "Honey" (Festa Edit)
  9. "Money Doesn't Matter" (Remake)
  10. "Show Me Your Love" (Remix Radio Edit)
  11. "Show Me Your Love" (Remix Club Edit)
  12. "Vyshe Oblakov"
  13. "Vyshe Oblakov" (Video)

Nochenka (Noite doce) (2006)[editar | editar a fonte]

  1. "Nochenka"
  2. "Vyshe Oblakov"
  3. "Tobi"
  4. "Pupsik"
  5. "Ty Otpusti"
  6. "Vyshe Oblakov" (Remix)
  7. "Nochenka" (Karaoke)
  8. "Vyshe" Oblakov (Karaoke)
  9. "Pupsik" (Karaoke)
  10. "Nochenka" (Video)
  11. "Vyshe Oblakov" (Video)
  12. "Pupsik" (Video)

Polyus Prityazheniya (Pólo De Atracción) (2007)[editar | editar a fonte]

  1. "Polyus Prityazheniya" (Полюс притяжения)
  2. "Beloe Nebo" (Белое небо)
  3. "Lyublyu Ego" (Люблю его)
  4. "Ny K Chemu" (Ни к чему)
  5. "Klyuchik" (Ключик)
  6. "U Neba Poprosim" (У неба попросим)
  7. "Vremya Kak Voda" (Время как вода)
  8. "Loosing My Way"
  9. "Come On"
  10. "Vremya Kak Voda" (Remix)
  11. "Lyublyu Eho" (Video)
  12. "Polyus Prityazheniya" (Video)

9 жизней (9 vidas) (2011)[editar | editar a fonte]

  1. 9 Jizneï (9 жизней)
  2. Kol'tso (Ya Skaju da) (Кольцо (я скажу да))
  3. Lyubol' (ЛюБоль)
  4. Zatchem Ya Znayu (Зачем я знаю)
  5. Radio Baby
  6. Nie Boïsya (Не бойся)
  7. Nie Dochtch (Не дощ)
  8. Nikogda (Никогда)
  9. Nijno (Ніжно)
  10. Shukaï Mene (Шукай мене)
  11. Perejivem Izmeni (Переживем измены)
  12. Shinshila (Шиншила)
  13. Ya Niè Beru Trubku (Я не беру трубку)

Outros singles[editar | editar a fonte]

  1. Я НЕ БЕРУ ТРУБКУ (Xa non respondo ás túas chamadas) (2012)
  2. НIЖНО (Tenro) (2012)
Predecesor:
"Razom nas bahato, nas ne podolati"
Greenjolly
EuroUcrania.svg
Ucraína no Festival de Eurovisión

2006
Sucesor:
"Dancing lasha tumbai"
Verka Serduchka
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tina Karol Modificar a ligazón no Wikidata