Timgad
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Timgad (tamén chamada Thamugadi) foi unha cidade romana. Atópase no norte de África, na actual Alxeria, e é unha das que mellor se conservaron. Foi fundada polos romanos a principios do século II d.C., no reinado de Traxano, emperador de orixe hispana.
Esta cidade foi fundada como unha colonia militar, cun claro trazado ordenado en cuadrícula.