Tikrit
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tikrit (en árabe تكريت) é unha cidade de Iraq e capital da provincia Sallad-Ad-Din. Ten unha poboación de 28.900 habitantes (2002). Sitúase no Triangulo Sunnita, unha rexión do país onde esa vertente do islamismo é predominante.
Sitúase a 140 km ao noroeste de Bagdad a carón do Tigris (nas coordenadas 34°37′N 43°41′E / 34.61°N 43.68°E), río ao que debe o seu nome.
Tikrit é coñecida por ser a terra natal de Nabucodonosor, do sultán Saladino, famoso heroe da civilización árabe na loita contra os cruzados, e do ex-presidente iraquí Saddam Hussein (1937 — 2006), onde está sepultado.