Tidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tidal
Álbum de Fiona Apple
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: 1995 - 1996
Estudio(s) de gravación: Sony Music Studios, Ocean Way Recorders e 4th Street Recording, Los Angeles
Duración: 51:29
Xénero: rock alternativo, baroque pop, pop alternativo, jazz fusion, piano rock
Selo(s): Clean Slate, Work, Columbia
Producido por: Andrew Slater
Cronoloxía
- Tidal When the Pawn...

Tidal é o álbum de estrea da artista estadounidese Fiona Apple, publicado o día 23 de xullo de 1996 a través dos selos Work Records e Columbia Records. O disco acadou o número 15 da lista estadounidense Billboard 200 e cara outubro do 2005 vendera 2,7 millóns de copias só nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan[1]. Foi certificado ouro pola RIAA en decembro do ano 1996, platino en xullo de 1997, dúas veces platino o seguinte outubro e tres veces en abril de 1999.

De Tidal editáronse seis sinxelos: "Shadowboxer", "Slow Like Honey", "Sleep to Dream", "The First Taste", "Criminal" e "Never Is a Promise". "Criminal", o máis popular de todos, gañou en 1998 o Grammy á mellor interpretación vocal de rock feminina e foi elixido sinxelo do ano na enquisa aos lectores da Rolling Stone do ano 1997. O video musical para "The First Taste" nunca chegou a ser emitido nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Fiona Apple.

  1. "Sleep to Dream" – 4:08
  2. "Sullen Girl" – 3:53
  3. "Shadowboxer" – 5:24
  4. "Criminal" – 5:41
  5. "Slow Like Honey" – 5:56
  6. "The First Taste" – 4:46
  7. "Never Is a Promise" – 5:54
  8. "The Child Is Gone" – 4:14
  9. "Pale September" – 5:50
  10. "Carrion" – 5:43

Notas[editar | editar a fonte]