Tiburóns serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con peixes serra, un grupo diferente. Para outras páxinas con títulos homónimos véxase Tiburón (homónimos).
Pristioforiformes
(Pristiophoriformes)
Tiburóns serra

Rango fósil: xurásico superior - actualidade [1]

Pristiophorus nudipinnis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Pristiophoriformes
L. S. Berg, 1958
Familia: Pristiophoridae
Bleeker, 1859
Xéneros

Co nome vulgar de tiburóns serra coñécense os condrictios elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos pristioforiformes (Pristiophoriformes).

A orde só comprende unha familia, a dos pristiofóridos (Pristiophoridae), que ten só dous xéneros, Pristiophorus e Pliotrema, cun total de sete especies.

Non deben confundirse cos pristiformes (Pristiformes) ou peixes serra, tamén elasmobranquios, pero da superorde dos batoideos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Estes tiburóns presentan cun rostro dentado e alongado en forma de serra, que utilizan para remover o fondo lameiro ou areoso para buscar as súas presas, ás que atordoan e cortan con bruscos movementos da súa serra. Tamén exhiben no rostrto un par de longos bigotes.

Teñen dúas aletas dorsais de pequeno tamaño e carecen de aletas anais.[2]

Os dentes da serra alternan entre grandes e pequenos.

Xunto cos hexanquiformes, os pristioforiformes (só unha especie destes), son os únicos tiburóns que teñen 6 branquias, en vez de as 5 ou 4 que teñen os outros.

Pola forma na que cazan, comen pequenos peixes, camaróns, luras e crustáceos que enoentran no fondo mariño.

Posibelmente a súa reprodución sexa ovípara, aínda que non está comprobado.

Aínda que teñen un aspecto similar, os tiburóns serra son distintos dos peixes serra. Estes últimos son máis grandes, non teñen bigotes e teñen as branquias de colocación diferente.

A maior parte das especies son obxecto de pesca comercial, e a súa carne considérase de excelente calidade; no Xapón úsase para realizar o típico prato kamaboko.

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Hai sete especies descritas de tiburóns serra, distribuídas en dous xéneros. A especie máis recente, Pristiophorus nancyae foi descuberta en 2011, e a amnterior, Pristiophorus delicatus, en 2008.

Xénero Pliotrema[editar | editar a fonte]

Este xénero consta dunha soa especie, que se distingue das do xénero Pristiophorus por ter seis pares de fendeduras branquiais. Ademais, os seus dentes da serra rostral teñen prominentes cristas transversais.[3]

Especie:

Xénero Pristiophorus[editar | editar a fonte]

Os membros deste xénero teñen cinco fendeduras branquiais, e os seus dentes da serra rostral non pesentan cristas transversais.[5]

Especies:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Pristiophoriformes en FishBase. Versión xaneiro de 2009
  2. "Pristiophoriformes" (en inglés). Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  3. Compagno, Leonard J. V. (1984): Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date. Roma: FAO. ISBN 92-5-101384-5.
  4. "Pliotrema warreni" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  5. Compango (1984), Op. cit.
  6. "Pristiophorus cirratus" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  7. "Pristiophorus japonicus" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  8. "Pristiophorus nudipinnis" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  9. Pristiophorus delicatus en FishBase (en inglés) Consuñltada o 15/11/2012.
  10. Pristiophorus delicatus en IUNC Red List (en inglés) Consultada o 15/11/2012.
  11. Ebert, D. A. & Cailliet, G. M. (2011): "Pristiophorus nancyae, a New Species of Sawshark (Chondrichthyes: Pristiophoridae) from Southern Africa". Bulletin of Marine Science, 87 (3): 501-512.
  12. "Pristiophorus schroederi" (en inglés). Consultado o 15 de novemnro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]