Tiburón anguía sudafricano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tiburón anguía sudafricano
(Chlamydoselachus africanus)
Chlamydoselachus anguineus NOOA.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Hexanchiformes
Familia: Chlamydoselachidae
Xénero: Chlamydoselachus
Especie: C. africana
Nome binomial
Chlamydoselachus africana
Ebert & Compagno, 2009
Distribución do tiburón anguía sudafricano

Distribución do tiburón anguía sudafricano

O tiburón anguía sudafricano (Chlamydoselachus africana) é unha nova especie de tiburón da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) descrita en 2009 por Ebert e Compagno.[1].

Encóntrase en augas profundas das costas de Angola, Namibia e Sudáfrica.

É difícil de distinguir do seu parente máis cercano, o tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus, o outro membro da familia.

Parece ser un organismo especializado depredador de tiburóns máis pequenos, aos que apaña coas súas mandíbulas flexíbeis dotadas de numerosos dentes recurvados, en forma de agulla, capturando e tragandos as súas presas enteiras.

A súa reprodución é ovovivípara, como no outro membro da familia.

Descrición[editar | editar a fonte]

O tiburón anguía sudafricano é moi similar ao tiburón anguía, cun longo corpo semellante a unha anguía e unha cabeza ancha, aplanada. Os ollos son grandes e arredondados. A boca, grande, é terminal no fociño curto e romo, e contém ao redor de 30 fileiras de dentes no maxilar superior e 27 na inferior. Cada dente ten tres delgadas e lisas cúspides recurvadas, con pequenas cúspides pequenas, e unha base que se entrelaza cos dentes contiguos. O peixe ten seis pares de fendeduras branquiais. As aletas pectorais son anchas e arredondadas, situadas detrás da sexta branquia; as aletas pelvianas e a aleta anal son grandes, coas marxes curvadas; a aleta dorsal, única está situada moi atrasadas, enriba da aleta anal; a aleta caudal é baixa e de forma triangular, sen lóbulo inferior.[1]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O tiburón anguía sudafricano vive en augas profundas fronte as costas de Angola, Namibia e Sudáfrica. Nestas últimas, a unha profundidade de 1 330 a 1.445 m.[1].

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Do exame de contidos do seu estómago parece alimentarese principalmente de pequehos tiburóns, como o melgacho africano de cola de serra (Galeus polli). As súas mandíbulas, cavidade bucal e abdome son moi distensábeis, o que suxire que está especializado para capturar e tragar presas grandes enteiras. Nun exemplar de 92 cm de longo encontrouse que inxerira un melgacho fantasma (Apristurus manis), que mide o 40 % da súa lonxitude. A pesar de qaue non se coñecen aínda femias adultas, parece que o tiburón anguía africano é ovovivíparo, como o tiburón anguía. Os machos alcanzan a madurez sexual cando chegan a medir uns 92 cm.[1].

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UINC) o estatius de conservación da especie é NT (medianamente ameazada).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ebert e Compagno (2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, L. J. V.; M. Dando e S. Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-12072-0.
  • Ebert, D. A. e L. J. V. Compagno (2009): "Chlamydoselachus africana, a new species of frilled shark from southern Africa (Chondrichthyes, Hexanchiformes, Chlamydoselachidae)", Zootaxa, 2173: 1-18. Texto completo en PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]