Thor (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thor (anteriormente coñecido como Marcopolo) forma parte dunha serie de satélites proxectados, lanzados e testados pola Hughes Space and Communications (agora parte da Boeing Satellite Systems) para a British Satellite Broadcasting (BSB), e estes foron usados para o servizo de transmisión satelitial para a Gran Bretaña. Thor é de propiedade da compañía de telecomunciacións escandinava Telenor,[1] e Intelsat pertence a unha compañía americana [2] Marcopolo tivo a designación Hughes HS376.[3]

O primeiro satélite de Telenor (Televerket era o nome cando era unha empresa pública) foi o Thor 1 con cinco transpondedores para cinco canles analóxicos. O satélite foi lanzado ao espazo o dezasete de agosto de 1990 para a British Satellite Broadcasting (BSB), chamándose desde entón Marcopolo 2. Telenor comproulla a BSkyB, e cambiou da posición do satélite desde 31º Oeste a 1º Oeste, e púxolle o nome Thor 1.

  • Cadrado coa recepción dos respectivos satélitos e zonas:[4]
Satélite Beam Península Ibérica e Illas Baleares Canarias e

Madeira/Azores

Intelsat 10-02 Spot 1

Spot 2

O Spot 1 ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)

O Spot 2 sen cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)

Intelsat 10-02 Spot 3/3X O Spot 3/3X ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
Thor 5 T1 (feixe nórdico) O T1 (feixe nórdico) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
Thor 5 T2 (feixe europeo) O T2 (feixe europeo) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
Thor 6 K1 (feixe nórdico) O K1 (feixe nórdico) sen cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
Thor 6 K2 (feixe europeo) O K2 (feixe europeo) ten cobertura na Galiza, Portugal e España (excluída as Illas Canarias e Madeira/Azores)
Na imaxe vemos un descodificador, LNB, unha tarxeta de aboado, e antena parabólica para capta-los canais da plataforma Canal Digitaal ó satélite Thor.

Polo satélite Thor 0.8 Este e Intelsat 1 Este emiten as numerosas compañías de pago vía satélite dos países escandinavos, Europa central e Romanía, plataformas como Canal Digitaal, Digi TV, Telenor etc. como tamén podemos encontrar unha serie de canles de televisión e de radio gratuítos, como o Sky News e 1Music Channel.[5]

Satélites[editar | editar a fonte]

Satélite Fabricante Data do lanzamento Vehículo de lanzamento Estado Nota
Thor 1 Hughes 18 de agosto de 1990 Delta-6925 Inativo Tamén coñecido por Marco Polo 2 e BSB 2
Thor 2 Hughes 21 de maio de 1997 Delta-7926 Inativo
Thor 3 Hughes 09 de xullo de 1998 Delta-7929 Ativo
Thor 5 Orbital Sciences Corporation 11 de febreiro de 2008 Proton-M/Briz-M Ativo Ex-Thor 2R
Thor 6 Thales Alenia Space 29 de outubro de 2009 Ariane 5 ECA Ativo Tamén coñecido por Intelsat 1W
Thor 7 Space Systems/Loral Previsto para 2013 Ariane 5 ECA En construción

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BSB History by Boeing". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2014. 
  2. "Boeing Launch Services Mission Record". Boeing. 
  3. [1] Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine. NASM's Herbert Stephen Desind Collection,p. 36
  4. "Listado das canles gratuítas e os satélites Canales Parabólica". 
  5. "listado de canles da plataforma de satélite". Lyngsat.