Thomas Jeier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas Jeier, nado en Minden en 1947, é un escritor alemán de literatura xuvenil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afeccionado a escribir desde moi novo e ao acabar os seus estudos comezou unha carreira como escritor por libre. Unha das súas primeiras obras sobre a febre do ouro en Alasca foi galardonada co premio Friedrich Gerstäcker. A maioría das súas novelas transcorren en Norteamerica e tratan sobre a vida dos indios, tamén publicou libros de viaxe en solitario ou co fotógrafo Christian Heeb. A partir de 2002 comezou a escribir novelas de aventuras para adultos co pseudónimo de Christopher Ross. Durante anos presentou na Bayerischen Rundfunk Country Club sobre a música country e escribiu varios libros sobre o country.

Entre a súa obra salienta O apache branco (Der weisse Apache, 1984) traducida ao galego en 1991.